"Guarda" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de México, situada no Golfo de California, na costa oriental do estado de Baixa California (635 km2). Declarada Parque Natural, permanece deshabitada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadiamar e situado nos contrafortes occidentais da serra de Aracena (1.600 h [1996]). Destacan os xacementos de pirita, galena e fluorita. Os principais cultivos agrícolas corresponden aos cereais e ao tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador da escola lírica galego-portuguesa, natural da Guarda (Portugal) ou pertencente a unha familia con ese apelido. Documéntase que foi escribán real (1299) e que mantivo relación co escribán Lourenço Esteves da Guarda na época en que don Denís entrou, por última vez, en conflito armado co seu irmán Afonso. Recibiu algunhas doazóns e bens reais no momento en que se enfrontou ao rei co seu fillo Afonso, probablemente en recompensa pola súa lealdade e fidelidade ao monarca. Casado con Sancha Domingues, coa morte do rei-trobador a súa presenza na corte foi máis esporádica, pero figura como conselleiro do rei e o seu procurador en asuntos de política ibérica. É posible que participase na compilación do Livro das Cantigas do Conde de Barcelos. A súa actividade poética debe situarse a fins do s XIII ou na primeira metade do s XIV. Integrado na última xeración de trobadores peninsulares, é notoria na obra que se lle atribúe polos cancioneiros quiñentistas -Cancioneiro da Biblioteca Nacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Portugal, na Beira (5.540 km2; 179.963 h [estim 2001]). A capital é Guarda (25.520 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filántropo. Fillo dun artesán portugués, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante. Posteriormente traballou co armador Xoán Menéndez e acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española. Xunto coa súa dona, Modesta Goicouría, reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo Andrés, convertida en capela castrense, e construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda, xunto á praza de Pontevedra, e o mercado da praza de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que lle dá nome ao concello da Guarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Baixo Miño, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello do Rosal (O Baixo Miño), ao S e ao L co río Miño, que o separa de Portugal, e ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 20,5 km 2 cunha poboación de 10.356 h (2007), distribuída entre as tres parroquias do concello: Camposancos, A Guarda e Salcidos. Camposancos constitúe unha entidade local menor, rexida pola súa xunta veciñal e o seu alcalde pedáneo. A capital municipal é a vila da Guarda, situada a 41° 54’ de latitude N e 8° 52’ de lonxitude O, 49 km ao S de Vigo e 134 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Tui e á diocese de Tui-Vigo.
    Xeografía física
    O concello da Guarda atópase baixo o dominio climático oceánico húmido. As temperaturas son benignas ao longo de todo o ano, e cunha temperatura media anual de 13,6°C. No mes máis cálido, xullo, acádase unha media de 19,6°C....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada na Guarda. Protectora dos navegantes da vila, a súa confraría creouse no s XVI. A capela puido ser construída no s XV. Nela destaca o pórtico de entrada de madeira, sostido por catro columnas erixidas sobre podios. O campanario, que presenta volutas e pináculos, é de época posterior. O 8 de setembro celébrase a súa festa cunha procesión que parte da igrexa parroquial ata a capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada na Guarda. Pertenceu a un mosteiro de monxas beneditinas fundado en 1558 pola familia Ozores de Soutomaior. O convento restaurouse en diversas épocas e nel destacou o claustro. Foi escola pública trala supresión da vida monacal en 1868 e converteuse nun establecemento hoteleiro en 1990. A igrexa construíuse no s XVI e conserva, entre outros, o sepulcro de Álvaro Ozores e Soutomaior. A fachada destaca pola sobriedade. A porta é de arco de medio punto apoiada en pilastras planas. O conxunto remata con pináculos nas esquinas e campanario central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Guarda. Atópase no terreo que ocupou unha igrexa prerrománica do s X. Construída en 1576, ten planta rectangular. A fachada é barroca e nela sobresaen as cornixas curvas rematadas en volutas e a ventá central. No lado N conserva pegada a torre do s XIX formada por tres corpos separados por balcóns de balaústres con pináculos con bólas nas esquinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant (8.227 h [1996]). A economía local baséase no turismo, que permite que o sector turístico xere o 57% do emprego. Antiga fortificación islámica, foi conquistada por Xaime I para o Reino de Castela e repoboada con cataláns. Do seu patrimonio cultural destacan o xacemento arqueolóxico da Rápita Califal de las Dunas, declarado Ben de Interese Cultural (1990), e o castelo (ss XIV-XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO