"Guareña" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao S do Guadiana e drenado pola canle do Zújar (7.285 h [2001]). A economía é agrícola (cereais, viñas, oliveiras e algodón) e gandeira (lanar e porcina). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Gregorio (s XII) e a de Santa María, declarada Ben de Interese Cultural en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Miranda, Venezuela, situada a uns 30 km ao L de Caracas (295.528 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Galerías subterráneas situadas na Cordilleira Cantábrica, na provincia de Burgos, Castela e León. De relevo calcario e formadas pola circulación subterránea dos ríos Guareña e Trema, constitúen máis de 100 km de galerías subterráneas. Son un dos exemplos de relevo cárstico máis importante de España. No interior atopáronse santuarios prehistóricos e restos de invertebrados. Integradas na Red de Espacios Naturales de Castela e León, foron declaradas Monumento Nacional (1996).