Guareña
Guareña
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao S do Guadiana e drenado pola canle do Zújar (7.285 h [2001]). A economía é agrícola (cereais, viñas, oliveiras e algodón) e gandeira (lanar e porcina). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Gregorio (s XII) e a de Santa María, declarada Ben de Interese Cultural en 1990.