"Guitiriz" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Guitiriz, as primeiras referencias datan de finais do s XVIII, cando o cirurxán do Hospital de Santiago de Compostela José Lázaro comezou recomendar as augas de Guitiriz con fins terapéuticos. No ano 1850 comezou ser gobernado por un director de baños. As augas foron declaradas de utilidade pública en 1902, ratificada posteriormente en 1928. En 1912 construíuse o actual hotel-balneario, que tras funcionar ininterrumpidamente ata 1960, pechou definitivamente en 1972. Co tempo iniciou un profundo proxecto de reforma.
-
GALICIA
Concello da comarca da Terra Chá, situado na provincia de Lugo no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Monfero (O Eume) e Xermade (Terrá Chá), ao S co de Friol (Lugo), ao L cos de Vilalba e Begonte (ambos os dous en Terrá Chá), e ao O cos de Sobrado (Terra de Melide), Curtis e Aranga (Betanzos). Abrangue unha superficie de 259 km 2 , cunha poboación de 5.974 h (2007), distribuída nas parroquias de Becín, O Buriz, Labrada, Lagostelle, Mariz, As Negradas, Parga, Pedrafita, Pígara, Roca, San Breixo de Parga, San Salvador de Parga, Santa Cruz de Parga, Santa Locaia de Parga, Santa Mariña de Lagostelle, Trasparga, Vilar e Os Vilares. A capital municipal é a vila de Guitiriz, situada na parroquia de Lagostelle, a 43° 10’ de latitude N e 7° 53’ de lonxitude O, 74 km ao NL de Santiago de Compostela e 39 km ao NO de Lugo. Está adscrito ao partido xudicial de Vilalba. As súas parroquias pertencen á diocese de Mondoñedo-Ferrol, agás as das Negradas...
VER O DETALLE DO TERMO