"Halicarnaso" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PERSOEIRO

    Historiador e retórico grego. Desenvolveu a súa actividade docente e literaria en Roma, onde se instalou entre os anos 29 e 30 a C. Escribiu unha Historia primitiva de Roma, desde as orixes ata o 264 a C, que foi o complemento da obra de Polibio. Formada por vinte libros escritos en grego, que comezaron a aparecer no 7 d C, só se conservan completos os dez primeiros e parte do once. Empregou como fontes do seu relato os analistas romanos, polo que a súa obra xustifica a actuación política e militar dos romanos fronte a outros pobos, incluído o grego. Entre as súas obras destacan Carta a Ameo, Sobre os retóricos antigos, Sobre a mímese, O estilo de Demóstenes e Sobre a unión das palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade e porto da rexión de Caria (Asia Menor), actual Bodrum. Colonizada polos dorios (1000? a C) e dominada polos persas desde o s VI a C, foi conquistada por Alexandre o Grande no 333 a C e pertenceu á Liga Délica. Entrou en decadencia durante a época ptolemaica e do Imperio Romano. A cidade fíxose famosa cando o sátrapa Mausolo (377 a C-353 a C) construíu o famoso monumento funerario que leva o seu nome, o Mausoleo.

    VER O DETALLE DO TERMO