Heilbronn

Heilbronn

Cidade do land de Baden--Württemberg, Alemaña, ao N de Stuttgart (119.526h [2000]). Situada á beira do Neckar, é un porto fluvial centro comercial dunha comarca vinícola. Ten industria metalúrxica, química, papeleira e do coiro. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Kilian e o Käthchenhaus.