"Hellín" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, no límite con Murcia (27.553 h [2001]). Drenado polo río Mundo, é o centro dunha comarca agrícola dedicada aos cultivos mediterráneos (cereais, oliveiras e viña). Posúe minas de xofre e sal, industria alimentaria e manufacturas de esparto, cerámica e confección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da orde dos himenoquetais, que teñen o sombreiro semicircular ou triangular, coa superfice irregular, de cor parda, moi pilosos e viven fixados lateralmente ao substrato. Son parasitos de piñeiros. En Galicia danse as especies P. pini, P. nigricans e P. pomaceus, que viven sobre árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán. Elaborou unha filosofía da natureza, que expuxo en System destranszendentalen Idealismus (Sistema do idealismo transcendental, 1800). Despois de Philosophie und Religion (1804) unha violenta ruptura con Hegel sumiuno nunha depresión, e enmudeceu despois de Philosophische Schriften (Escritos filosóficos, 1809). Parte de Fichte, pero abandónao ao facer da natureza unha ocasión-obstáculo posta polo eu para ser, unha realidade absoluta e autónoma: a arte é a consciencia da identidade absoluta. Acabou sostendo a aparencia do mal, que convive e loita contra o principio do ben no si do absoluto.

    VER O DETALLE DO TERMO