Palamós

Palamós

Municipio da provincia de Girona, Catalunya (14.842 h [2001]). É un dos portos pesqueiros máis importantes de Catalunya. A industria, a pesar do desenvolvemento turístico, é aínda a principal actividade económica, e baséase nos sectores da construción, químico, do plástico e metalúrxico.