"Hermes" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PERSOEIRO
Político brasileiro. Como ministro de Guerra (1906-1909) instaurou o servizo militar obrigatorio. Foi presidente da República entre 1910 e 1914 e houbo de enfrontarse a graves axitacións populares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade grega, fillo de Zeus e da pléiade Maia. Precoz e enxeñoso por natureza, no mesmo día do seu nacemento foi quen de se liberar das bandas que o protexían, escapar da cova no monte Cileno cando todos durmían e viaxar polo mundo. Ao chegar a Tessalia, rouboulle parte do gando que pastoreaba o seu irmán Apolo. Logo levou os animais ata Pilos, sen deixar pegadas, e regresou á cova. Pero antes aínda tivo tempo de matar unha tartaruga, baleirala e atar na cuncha unhas cordas feitas cos intestinos dos animais que sacrificara; deste xeito inventou a lira. Cando Apolo se decatou do roubo, informado de quén fora o ladrón polo ancián Bato, dirixiuse ao monte Cileno. Alí Maia amosoulle un meniño no berce, incapaz de calquera trasnada. Daquela, Apolo acudiu a Zeus, quen lle ordenou a Hermes que restituíse o gando roubado. Pero cando Apolo escoitou a música que o rapaz producía coa lira, pediulla a cambio dos animais. Tempo despois inventaría a frauta. A cambio deste instrumento, Apolo deulle...
-
PERSOEIRO
Escritor cristián e pai apostólico. É autor dun libro apocalíptico, Pastor, de estilo autobiográfico finxido, considerado por algúns autores antigos entre os libros canónicos. Constitúe unha fonte importante para a historia do sacramento da penitencia, e defende unha soa posibilidade de reconciliación despois do bautismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que os gregos designaban a Thot, deus exipcio da escritura, das ciencias e das artes. Considerábano un sabio fabuloso, autor dun gran número de tratados secretos de astroloxía, maxia e alquimia. Do seu nome deriva a denominación de filosofía hermética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo feminino Ermesinda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consorcio de industrias europeas creado en 1990 e encargado da fabricación do avión espacial europeo Hermes.