"Hermida" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 20.

  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborou en diversas publicacións periódicas e dirixiu os xornais El Progreso, La Opinión Liberal e Álbum Literario. Publicou, entre outras obras: Leyendas, tradiciones y episodios históricos de Galicia (1891), El mejor juez es Dios (1887) e Biografía del insigne poeta gallego Manuel Curros Enríquez (1908). Editou tamén os traballos Tradición del tributo de las cien doncellas (1886) e Memoria sobre la crisis que en la actualidad sufre la industria pecuaria (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Pertencente ás Irmandades da Fala, dirixiu publicacións como Azul y blanco e Heraldo de Villalba. A súa poesía foi recollida postumamente en Charetas (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido toponímico que procede do latín erēmīta ‘ermitán’, ‘santuario’, termo, á súa vez, derivado do latín tardío eremus ‘deserto’, que ten a súa orixe no grego ἕρημος ‘solitario’, ‘deserto’. A presenza do h- protético antietimolóxico débese á presión castelanizadora sufrida na onomástica galega desde o s XV, pois a forma xenuína -aínda que non a máis frecuente- debería ser Ermida.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un castelo de prata, aclarado de azul, entre dous bordóns de peregrino, de ouro, con cadansúa cabaza, un en cada flanco; bordo de ouro, con catro vieiras de goles, unha en xefe, outra en punta e unha en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Dereito pola Universidad de Navarra, iniciouse na radio en 1968 como xefe de programación de Radio Pontevedra. En 1978 foi nomeado director do Grupo de Emisoras de Pontevedra, asociadas á Cadena SER. Director de Localia Pontevedra, recibiu o Premio Ondas, a Antena de Oro e o Premio Galicia de Xornalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dirixente deportivo e funcionario. Licenciado en Dereito, desenvolveu a súa actividade pública ao servizo do deporte como secretario de estado, presidente do Consejo Superior de Deportes e presidente do Comité Olímpico Español (1980-1983). Serviu tamén como gobernador civil en Cádiz (1996-1997) e como subdelegado do goberno en Toledo. Recibiu a medalla de ouro da Real Orden del Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático da Universidade de Vigo e director de Bioenxeñería e Cronobioloxía en Vigo. É Doutor Enxeñeiro de Telecominicacións e Master’s Degree en Estatística, Patobioloxía e Cronobioloxía. Foi director en funcións e subdirector da ETSI de Telecomunicacións na Universidade de Vigo. Obtivo o Premio Internacional de Cronobiología (1985), o Premio Internacional de Crono-Farmacología (1986), o Premio Nacional de Tesis Doctorales (curso 1985-1986), o Premio de la Fundación Científica de la Asociación Española contra el Cáncer e o Norberto Montalbetti Prize (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e investigador. Inspector de educación, director da colección “Narrativa de Onte” da Editorial Galaxia e asesor de Literatura da Enciclopedia Galega Universal (EGU). Estudiou maxisterio en Ourense e Filoloxía Románica nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Membro destacado do Círculo Ourensán-Vigués, exerceu como director literario de Ir Indo Edicións. Colaborou en diversas publicacións, como Boletín galego de literatura, Dorna, Faro de Vigo e Grial. Coñecedor e estudoso da obra de Rosalía de Castro, Castelao, Celso Emilio Ferreiro e da narrativa do Rexurdimento, publicou diversos artigos especializados e os libros Castelao e Os dous de sempre (1980) e Castelao para nenos (1988). Reflectiu as súas investigacións no campo da prensa periódica en As revistas literarias en Galicia na Segunda República (1987). Participou nos proxectos de Lingua Galega 6 (1981) e Lingua Galega 8 (1984) para SM Ediciones....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga. Doutorouse (1991) pola Universidade de Santiago de Compostela e, desde 1995, é profesora titular nela. Desde 1983 traballa no ILG realizando o traspaso dos datos do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) a cadernos, a revisión do material do Glosario de voces galegas de hoxe, a recollida de   material para a elaboración do Dicionario de verbos galegos conxugados e o cartografado dos mapas do volume I do (ALGa). Formou parte do equipo de redactores do Dicionario normativo galego-castelán (1988), do Dicionario castelán-galego de frases, usos e sinónimos (1990), do Gran dicionario Xerais da lingua (2000) e do Dicionario Xerais da Lingua (2002). É autora de O rexurdir da conciencia idiomática (1840-1891) (1992), Os precursores da normalización. Defensa e reivindicación da lingua galega durante o Rexurdimento (1840-1891) (1992) e Ortografía práctica (2001), e editou A gaita gallega,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Emigrou a Bos Aires en 1929. A partir de 1952 comezou a facer documentais en Galicia para logo ser amosados nos cines de Bos Aires, como Galicia al día (1959), coa voz do actor galego Tacholas, e De Irún a Tui (1960), ambos os dous rodados en 16 mm. A súa película máis coñecida é Alma Galega (1966), rodada en 35 mm. É autor da obra inacabada El emigrante (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Licenciado en Leis, foi catedrático de Decretais na Universidade de Santiago de Compostela e xuíz subdelegado de imprentas e librerías en Galicia. En 1810 Fernando VII nomeouno conselleiro de Estado. Na lexislatura 1810-1813 foi deputado pola provincia de Santiago e defendeu nas Cortes a restauración da monarquía absoluta. Foi autor de Pensamientos militares de un paisano (1809) e Último recurso de la Nación Española para conservar su existencia política, deducido de la historia de nuestras regencias (1813).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Estudiou filosofía, teoloxía, leis e canons na Universidade de Santiago de Compostela, estudios que rematou en 1824. Ocupou diversos cargos políticos paralelamente aos gobernos do Partido Moderado. Foi alcalde de Tui (1844), intendente de Lugo e da Coruña, e en 1853 foi designado gobernador da provincia da Coruña. Foi deputado, na lexislatura 1844-1846 pola provincia de Pontevedra, e en 1857-1858 polo distrito de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, señor de Andeade, Cumeiro, Leiro Grande, Osebe, Loureiro, Salmonte e Rosende. Foi alcalde de Touro (1857), senador pola Coruña (1872) e durante a Restauración pertenceu ao Partido Liberal e foi deputado polo distrito de Arzúa (1879-1899). Senador pola provincia da Coruña (1899-1902), dirixiu a Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela. Foi nomeado cabaleiro da Real Orden de Carlos III e recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Dodro. A súa planta orixinal era rectangular. A fachada principal presenta nos laterais dúas torres de planta cuadrangular con cuberta a catro augas. Na cara posterior os engadidos á planta orixinal conformaron un corpo en forma de L. Conserva un escudo do s XVIII con armas dos Luaces, Mosquera, Bermúdez e outros. A súa historia está relacionada con Rosalía de Castro, que pasaba longas tempadas nel, pois o pazo pertencía aos seus tíos. En 1930 celebrouse alí a reunión que deu lugar ao Pacto de Lestrove, polo que se fundou a Federación Republicana Gallega. Declarárono Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Durante a Segunda República foi delegado do Sindicato de Panaderos na Federación Local Obrera coruñesa, integrada na CNT. A finais de 1936 fuxiu nun pesqueiro cara a Asturias xunto co seu irmán Benxamín. Exiliouse en Francia, de onde regresou á Coruña en 1946 para integrarse no comité local da CNT. En marzo de 1947 foi detido e condenado a 15 anos de prisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Participou no mundo literario madrileño da época, e colaborou en diferentes xornais e revistas. Da súa obra cómpre salientar Horas trágicas de la historia (1910), Los aventureros del gran mundo (1911), En los campos de batalla e La guerra de las naciones (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante e ilustrador. Coñecido como Leandro, foi colaborador das revistas Aturuxo e O Badueiro, e editou diversos cómics no semanario XO! Ademais da súa actividade como profesor de debuxo, realizou as ilustracións do libro História da Galiza em banda desenhada (1995), de Gonçalo Grandal Crespo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director e presentador dos programas El Tranvía e El Debate en Televigo e correspondente en Vigo de El Mundo Deportivo de Barcelona. É técnico de radiodifusión e televisión. Foi locutor radiofónico en Radio Vigo-Cadena SER (1965-2000), onde dirixiu o programa de tema social e político Las cuestiones de cada día. Ademais, realizou entre 1984 e 1989 o programa Sin distancias, en que se conectaba a Cadena SER-Galicia con Radio Excelsior de Bos Aires. A partir de 1989, e desde o programa Recorriendo España, emitido por Radio El Mundo, ofrece información sobre os acontementos máis destacados para a colectividade galega. Organizador da homenaxe anual a Carlos Gardel en Vigo, foi condecorado coa Orden de Mayo al Mérito, no grao de oficial, polo goberno arxentino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e militar. Ingresou na Armada como gardamariña en Ferrol, pero en 1808 pasou ao exército de terra para combater na Guerra da Independencia. Acadou o grao de xeneral e apoiou o Pronunciamento de Las Cabezas de San Juan de del Riego (1820). Foi elixido deputado polo Reino de Galicia (1820-1821) e vicepresidente nas Cortes. Defendeu a capitalidade da provincia para A Coruña e Pontevedra. Durante o Trienio Liberal (1820-1823) foi mariscal de campo. Exiliado en Londres durante a Dédada Ominosa (1823-1833), á súa volta (1834) ascendeu a tenente xeneral e foi capitán xeneral de Castela a Nova. Foi elixido deputado (1836-1838) e senador (1837-1838) pola provincia da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Autor teatral. Escribiu, coa colaboración de U. Charlón Arias, diversas pezas teatrais populares e costumistas inspiradas na ideoloxía das Irmandades da Fala. Da súa produción destaca Mal de moitos (1921), en que critican aos galegos que deixan de empregar a súa lingua; Trato a cegas (1921), de carácter picaresco; Axúdate (1922) e O menciñeiro (1922); estas dúas últimas foron moi representadas pola Escola Dramática Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Anarcosindicalista. A Confederación Regional Galaica destinouno a reorganizar o Sindicato de Industria Pesquera de Cariño, disolto en outubro de 1934. Durante a Guerra Civil interveu na defensa de Irún e Donostia, na toma de Fuendetodos e na Batalla de Belchite como mando da Columna Carod-Ferrer. Foi detido na Coruña en 1948 baixo a acusación de ter contactos coa guerrilla e pertencer á FAI.

    VER O DETALLE DO TERMO