Hermida

Hermida
  1. [ONOM]

    Apelido toponímico que procede do latín erēmīta ‘ermitán’, ‘santuario’, termo, á súa vez, derivado do latín tardío eremus ‘deserto’, que ten a súa orixe no grego ἕρημος ‘solitario’, ‘deserto’. A presenza do h- protético antietimolóxico débese á presión castelanizadora sufrida na onomástica galega desde o s XV, pois a forma xenuína -aínda que non a máis frecuente- debería ser Ermida.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, un castelo de prata, aclarado de azul, entre dous bordóns de peregrino, de ouro, con cadansúa cabaza, un en cada flanco; bordo de ouro, con catro vieiras de goles, unha en xefe, outra en punta e unha en cada flanco.