hermetismo
(< hermético)
-
s
m
Calidade de hermético por ser incomprensible e impenetrable.
-
s
m
[FILOS]
Corrente espiritual da tardía época helenística que toma o nome de Hermes Trismexisto, sabio fabuloso identificado co deus exipcio. Na súa especulación atópanse trazos do coñecemento austral caldeo, da física de Aristóteles, da psicoloxía de Pitágoras e Platón e da astroloxía. Propuña unha liberación por medio da hipnose e dividía o cosmos en tres zonas: a superior, sede da luz; a inferior, habitada polos homes, sede da materia e da corrupción; e a intermedia, sede dos espíritos e das ánimas.
-
s
m
[LIT]
Tendencia poética italiana contemporánea. Influída por Leopardi, C. P. Baudelaire, E. A. Poe e o simbolismo francés, deu lugar a unha poesía de linguaxe núa e esencial, de comprensión difícil, que cultivaron G. Ungaretti, E. Montale, S. Quasimodo, D. Campana, A. Gatto e M. Luzi. A súa eclosión tivo lugar sobre 1930.