hermético -ca

hermético -ca

(< lat tardío hermeticu < antropónimo Hermes)

  1. adx [FILOS]

    Relativo ou pertencente a Hermes Trismexisto e ao hermetismo.

  2. adx
    1. Aplícase ao peche perfecto, que non deixa pasar o aire nin outro fluído.

    2. Aplícase ao cuarto ou ao recipiente que está pechado por completo.

  3. adx

    Que é impenetrable ou inaccesible.

    Ex: Era unha sociedade hermética ós cambios.

  4. adx

    Que non deixa translucir nada.

    Ex: Cada vez era máis calada e hermética.

  5. adx

    Que é difícil de comprender ou pouco claro.

    Ex: Caracterízase por unha escritura hermética.

Palabras veciñas

Hermesinda | Hermespace | hermeticidade | hermético -ca | hermetismo | Hermexildo/Hermexilda | Hermida