"Hidalgo" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • GALICIA

    Xornalista e crítico teatral. Comezou a súa andaina profesional como redactor de El Parlamentario e do Heraldo de Madrid, no que escribiu diversos artigos de crítica taurina co pseudónimo de Pepe Festivo e foi tamén correspondente do xornal bonaerense La Nación. Ao finalizar a Guerra Civil española exiliouse a Alemaña e Francia. En París foi locutor da radio e da televisión francesa. Da súa autoría son os diálogos radiofónicos La Rebotica e La tertulia del Café Dupont, dedicados aos exiliados republicanos, e tamén a comedia El triunfador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 2 de febreiro de 1848 que puxo fin á guerra entre EE UU e México. Trala invasión estadounidense de México, o goberno mexicano pactou a cesión de Texas, Nuevo México, a Alta California e parte do territorio de Tamaulipas a cambio dunha indemnización de 15 millóns de dólares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México (20.813 km2; 2.235.591 h [2000]). A súa capital é Pachuca. A maior parte do estado inclúese dentro do altipalno meridional e o seu clima é, en xeral, seco. A rede hidrográfica, xerarquizada polo río Moctezuma, verte ao golfo de México. Os recursos minerais son moi abundantes, especialmente a prata, o cobre, o ouro e o ferro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que tiñan esta consideración social. Trátase da forma castelanizada correspondente ao apelido galego Fidalgo, que ten a súa orixe etimolóxica no galego medieval filho d’algo.

    2. Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito puntas. Outra variante ostenta, en campo de azul, unha estrela de ouro, de oito puntas; bordo de goles, con dez cabezas de mouros da súa cor, con turbantes de prata. Outros levan, en campo de azul, un león rampante de ouro; bordo de goles, con catro castelos de ouro, un en cadanseu cantón do escudo, e catro aspas, do mesmo metal, unha no centro do xefe, unha en cada flanco e unha en punta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. Sacerdote desde 1778, fíxose cargo da parroquia de Dolores de Guanajuato, onde iniciou unha tarefa de educación popular e onde foron madurando as súas ideas independentistas. O 16 de setembro de 1810 lanzou o grito de Dolores, que significou o inicio da loita pola independencia. Derrotado polo exército realista, foi capturado e fusilado cando fuxía cara a Texas. Tralo establecemento da República mexicana en 1824 foi recoñecido como pai da patria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Foi director do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Arquéologo municipal de Vigo, ten publicado diversos estudios sobre a arte rupestre e castrexa, e a historia de Vigo en revistas especializadas. Foi coautor de As Raíces de Vigo: a prehistoria (1995), Arte rupestre no sur da Ría de Vigo (1999) e Vigo medieval: a idade media (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Residiu en Filipinas, onde se posicionou a prol das tendencias separatistas. Así, colaborou co semanario La Solidaridad, voceiro de José Rizal Mercado e dos seus partidarios nas illas. Publicou Geografía general del archipiélago filipino (1872), El trovador del Ulla (1880) e Héroes de Filipinas (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Foi coronel de infantaría e especializouse na elaboración de monografías históricas. Colaborador de Eco de Galicia e Galicia Moderna, publicou Peñafiel (1880), Horas de insomnio (1886), unha serie de contos e lendas, que se editaron como folletín en El Correo Gallego, e El collar de perlas (1908). Tamén escribiu algunhas composicións en galego, entre elas “Unha alma que se vai” (1907). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Veracruz, México, situada preto do golfo de México (151.739 h [1990]). Destacan na súa economía a refinaría de petróleo e as plantas petroquímicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de Miguel Cervantes Saavedra. A primeira parte apareceu en Madrid a comezos de 1605, e a segunda en 1615, ambas editadas polo libreiro Juan de la Cuesta. O éxito da novela foi inmediato, e xa en 1605 Juan de la Cuesta tivo que publicar unha nova edición da primeira parte, mentres en Lisboa aparecían dúas máis sen autorización. A primeira parte traduciuse ao inglés en 1612, mentres que a obra completa reeditouse en numerosas ocasións en castelán e nas restantes linguas cultas do mundo. O Quixote representa unha parodia dos libros de cabalarías, tan de moda na época, e marca o inicio do seu declive definitivo; ademais, a novela transloce o concepto renacentista e clásico dunha arte literaria nova e moderna. O que nun principio ía ser unha máis das súas coñecidas Novelas Ejemplares, converteuse co tempo nunha inmensa obra, dotada duns recursos temáticos, estilísticos e estruturais sen precedentes. O fidalgo Alonso Quijano vólvese tolo coa lectura dos libros de cabalarías, o...

    VER O DETALLE DO TERMO