"Hof" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 55.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne do xénero Cynara da familia das compostas, de ata 150 cm de altura, de talo estriado, follas superiores pinnatífidas e capítulos grosos con brácteas amplas e ovadas, carnosas na base e comestibles en parte antes do desenvolvemento da flor. A alcachofa cultívase polo seu considerable valor nutricio en zonas cálidas de case toda Europa meridional e América con máis dunha decena de especies das que as máis comúns son C. scolymus e C. cardundulus. É unha importante fonte de vitamina C e ten efectos diuréticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar dedicado a plantar e recoller alcachofas.
-
PERSOEIRO
Médico alemán, profesor de Patoloxía en Friburgo, onde creou escola. É autor de traballos fundamentais sobre o sistema de condución cardíaca e a anatomía patolóxica da tuberculose e o reumatismo. As lesións histolóxicas da cardite reumática denomínanse, no seu honor, nódulos de Aschoff.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou Rote Armee Fraktion (Fracción do Exército Vermello) Organización terrorista da República Federal Alemana creada en 1968 e dirixida por Andreas Baader (1943-1977), Ulrike Meinhof (1934-1976) e Gudrun Enslin. A súa orixe sitúase na oposición da esquerda parlamentaria máis radical, pretendendo mostrar a natureza represiva da Alemaña Occidental. Recrutaron os seus efectivos entre estudiantes, intelectuais e profesionais liberais e contactaron con organizacións terroristas internacionais, entre as que salientaba a resistencia palestina. Os seus métodos de protesta e reivindicación eran acotío violentos: atentados contra instalacións da OTAN, asasinato do presidente da CDU de Berlín (1975), asasinato do presidente da patronal alemá (1977), etc. As mortes en prisión de Meinhof (1976), Baader (1977) e Ensslin (1977) fixeron que minguase a forza da organización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Rote Armee Fraktion (Fracción do Exército Vermello) Organización terrorista da República Federal Alemana creada en 1968 e dirixida por Andreas Baader (1943-1977), Ulrike Meinhof (1934-1976) e Gudrun Enslin. A súa orixe sitúase na oposición da esquerda parlamentaria máis radical, pretendendo mostrar a natureza represiva da Alemaña Occidental. Recrutaron os seus efectivos entre estudiantes, intelectuais e profesionais liberais e contactaron con organizacións terroristas internacionais, entre as que salientaba a resistencia palestina. Os seus métodos de protesta e reivindicación eran acotío violentos: atentados contra instalacións da OTAN, asasinato do presidente da CDU de Berlín (1975), asasinato do presidente da patronal alemá (1977), etc. As mortes en prisión de Meinhof (1976), Baader (1977) e Ensslin (1977) fixeron que minguase a forza da organización.
-
PERSOEIRO
Etnólogo, historiador do dereito e xurista. Exerceu certa influencia na etnoloxía evolucionista e incluso na teoría marxista da familia. As súas teses foron sistematizadas en Das Mutterrecht (O matriarcado, 1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e físico. A partir dos anos trinta iniciou o estudo de diversas ramas da álxebra moderna que conduciron á creación da álxebra universal. Son importantes as súas contribucións en mecánica de fluídos, análise numérica e teoría nuclear.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e físico norteamericano. Estudiou nas universidades de Chicago e Harvard e foi profesor en Princeton (1909-1912) e en Harvard (1919-1944). Realizou traballos sobre ecuacións diferenciais lineais e, baixo a influencia dos descubrimentos de Poincaré, empezou a traballar en Mecánica Teórica, especialmente en órbitas periódicas e estabilidade. Escribiu a memoria Dynamical System with Two Degrees of Freedom (1928) e estudiou o problema dos tres corpos mediante o método ergódico. Foi presidente da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (AAAS). Entre outras obras, escribiu Relativity and Modern Physics (1923) e The Origin, Nature and Influence of Relativity (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e reporteiro de guerra. Estudiou na Escola de Artes Decorativas da súa cidade natal. Dende 1942 colaborou coa revista Du. En 1945 realizou numerosas reportaxes da Segunda Guerra Mundial en Francia, Alemaña e Holanda, así como outros traballos en Italia e Grecia. En 1948 preparou unha reportaxe para os Xogos Olímpicos de Saint Moritz, traballando para Life, para a que tamén realizou reportaxes dende Xapón, Corea, Hong Kong e Indochina a principios da década dos 50. Foi membro do grupo Magnum a partir do ano 1949.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Medievalista e paleógrafo alemán. Foi o continuador da escola de Ludwig Traube e de Paul Lehmann. É autor de numerosos estudios de Paleografía medieval, que foron recollidos principalmente en Mittelalterliche Studien (Estudios altomedievais, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cloruro hidratado de magnesio, de fórmula MgCl2·6H2O. Preséntase en cristais monoclínicos pseudohexagonais, de cor branca e brillo vítreo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten por oficio conducir automóbiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chanfaina.
-
CIDADES
Cidade do ken de Toquio, na illa de Honshū, Xapón (198.574 h [1995]). Pertence á conurbación de Toquio, da que chegou a ser suburbio residencial e industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico musical. Pertenceu ao grupo Novo Cancioneiro na procura do realismo social. Publicou, entre outras obras: Sol de agosto (1941), Os dias íntimos (1950), Descoberta (1945) e 46 aniversário (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán. Estudiou na Technische Universität München, onde se doutorou en 1974. Traballou no departamento de bioquímica do Max Planck Institut de Martinsried e, posteriormente, trasladouse aos EE UU onde traballou no Howard Hughes Medical Institute. En 1988 recibiu o Premio Nobel de Química, xunto con Robert Huber e Hartmut Michel, polos seus estudios da estrutura tridimensional das proteínas das membranas fotosintéticas e da transferencia dos electróns na fotosíntese.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de arquitectos alemáns que traballaron na Baixa Baviera e en Bohemia. Georg Dientzenhofer (Aibling 11.8.1643 - Waldsassen 2.2.1689) construíu, entre outras, a igrexa da abadía cisterciense de Waldsassen e a igrexa de Kappel. O seu irmán Johann Leonhard Dientzenhofer (Sankt Margarethen 20.2.1660 - Bamberg 26.11.1707) proxectou en Bamberg a igrexa e o convento de San Miguel e o palacio Neue Residenz. Johann Dientzenhofer (Sankt Margarethen 25.5.1663 - Bamberg 20.7.1726), irmán dos anteriores, construíu a catedral de Fulda e a igrexa conventual de Banz e o castelo de Pommersfelden en colaboración con Hildebrandt. O seu irmán, Christoph Dientzenhofer (Sankt Margarethen 7.7.1655 - Praga 20.6.1722) realizou a igrexa do convento de Oborisce e das clarisas de Cheb, e comezou a igrexa de San Nicolao de Praga, que acabou o seu fillo, Kilian-Ignaz Dientzenhofer...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa alemana. Durante a súa mocidade dedicouse a recoller lendas e cancións populares. Entre 1841 e 1842 escribiu Gedichte (Poemas). Publicou Das geistliche Jahr (O ano litúrxico, 1861) e Die Judenbuche (A faia xudía, 1842).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de difracción que se produce cando o foco emisor de ondas e a pantalla receptora se afastan infinitamente do dispositivo de difracción.
-
PERSOEIRO
Físico alemán. Descubriu que cada elemento químico ten un espectro característico, xa que absorbe ou emite determinadas lonxitudes de onda da luz con preferencia a outras. Investigou o espectro solar e descubriu as raias de absorción que levan o seu nome. Inventou diversos instrumentos ópticos, entre os que destacan un microscópio acromático, un micrómetro e un heliómetro.
VER O DETALLE DO TERMO