Deisenhofer, Johann
Deisenhofer, Johann
Químico alemán. Estudiou na Technische Universität München, onde se doutorou en 1974. Traballou no departamento de bioquímica do Max Planck Institut de Martinsried e, posteriormente, trasladouse aos EE UU onde traballou no Howard Hughes Medical Institute. En 1988 recibiu o Premio Nobel de Química, xunto con Robert Huber e Hartmut Michel, polos seus estudios da estrutura tridimensional das proteínas das membranas fotosintéticas e da transferencia dos electróns na fotosíntese.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Zusamaltheim, Bavaria