alcachofa

alcachofa

(< ár al-jaršúf)

s f [PLANTA]

Herba perenne do xénero Cynara da familia das compostas, de ata 150 cm de altura, de talo estriado, follas superiores pinnatífidas e capítulos grosos con brácteas amplas e ovadas, carnosas na base e comestibles en parte antes do desenvolvemento da flor. A alcachofa cultívase polo seu considerable valor nutricio en zonas cálidas de case toda Europa meridional e América con máis dunha decena de especies das que as máis comúns son C. scolymus e C. cardundulus. É unha importante fonte de vitamina C e ten efectos diuréticos.

Ex: As alcachofas que prepara a túa avoa son excelentes.

Citas

  • As alcachofas que prepara a túa avoa son excelentes.

Palabras veciñas

alcacén | Alcácer | Alcácere | alcachofa | alcachofal | alcacia | Alcaçovas, Tratado de