alcachofa
alcachofa
(< ár al-jaršúf)
s
f
[PLANTA]
Herba perenne do xénero Cynara da familia das compostas, de ata 150 cm de altura, de talo estriado, follas superiores pinnatífidas e capítulos grosos con brácteas amplas e ovadas, carnosas na base e comestibles en parte antes do desenvolvemento da flor. A alcachofa cultívase polo seu considerable valor nutricio en zonas cálidas de case toda Europa meridional e América con máis dunha decena de especies das que as máis comúns son C. scolymus e C. cardundulus. É unha importante fonte de vitamina C e ten efectos diuréticos.
Ex: As alcachofas que prepara a túa avoa son excelentes.
Citas
- As alcachofas que prepara a túa avoa son excelentes.