alcacén

alcacén

(<ár al-qasīl ‘follaxe, cebada verde’)

[AGR]

Cereal como a cebada, centeo ou avea que se sega en verde para empregalo como forraxe na alimentación dos animais, especialmente vacúns.

Ex: Amontoei o alcacén para dar de comer logo ás vacas.

Sinónimos

Citas

  • Amontoei o alcacén para dar de comer logo ás vacas.

Frases feitas

  • Non sempre está o alcacén para gaitas. Non está ninguén para bromas.

  • Que lle aproveite como o alcacén aos cans. Mal proveito.

Palabras veciñas

alcabán | Alcabre | Alcaçaba, Simão de | alcacén | Alcácer | Alcácere | alcachofa