alcacén
alcacén
(<ár al-qasīl ‘follaxe, cebada verde’)
[AGR]
Cereal como a cebada, centeo ou avea que se sega en verde para empregalo como forraxe na alimentación dos animais, especialmente vacúns.
Ex: Amontoei o alcacén para dar de comer logo ás vacas.
Sinónimos
Citas
- Amontoei o alcacén para dar de comer logo ás vacas.
Frases feitas
-
Non sempre está o alcacén para gaitas. Non está ninguén para bromas.
-
Que lle aproveite como o alcacén aos cans. Mal proveito.