Alcaçovas, Tratado de

Alcaçovas, Tratado de

Tratado asinado no 1479 en Alcaçovas (Alentejo, Portugal), entre os Reis Católicos e Afonso V de Portugal. Este recoñeceu a Isabel I como Raíña de Castela e admitiu os dereitos da Coroa castelá sobre Canarias. Por outra banda, os Reis Católicos tiveron que recoñecer a Portugal a conquista e colonización da costa occidental de África e das illas dos Açores, Madeira e Cabo Verde.

Palabras veciñas

alcachofa | alcachofal | alcacia | Alcaçovas, Tratado de | alcadieno | alcaest | alcahest