"Holstein" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico no círculo da Baixa Saxonia. Foille outorgado como condado a Adolfo de Schaumburg (1110), coñecido como Adolfo I de Holstein. Os condes de Holstein colonizaron Slesvig e gobernaron o condado durante catro séculos. En 1326 Gerard III de Holstein-Rendsburg obtivo de Valdemar IV de Dinamarca os ducados daneses de Slesvig e Xutlandia. Ao morrer sen fillos Adolfo VIII de Holstein en 1459, o condado de Holstein e o ducado de Slesvig pasaron ao seu sobriño, o Rei Cristian I de Dinamarca. En 1471 o emperador converteu Holstein en ducado do Sacro Imperio Romano-Xermánico e os ducados de Slesvig e Holstein coñecéronse como os ducados daneses. Pasou a mans de Prusia (1866) e posteriormente constituíu o land alemán de Slesvig-Holstein.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Piso do Cuaternario correspondente ao penúltimo e gran interglaciar Mindel-Riss.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Slesvig-Holstein.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land do N de Alemaña (15.765 km2; 2.790.000 h [estim 2001]). A súa capital é Kiel. Comprende o sector meridional da península de Xutlandia, desde a fronteira con Dinamarca ata o curso baixo do Elba, entre as costas do Mar Báltico e o mar do Norte, e tamén as illas de Sylt, Föhr e Amrum. As costas son baixas, con abundantes fiordes no sector báltico e con cordóns dunares e illas no sector do mar do Norte. Os recursos económicos son a agricultura, a gandaría, bovina e porcina e a pesca. Ten xacementos de petróleo, industrias siderúrxicas, construcións navais e mecánicas, de material eléctrico e alimentarias, localizadas en Kiel e en Lübeck. O territorio corresponde aos dous antigos ducados de Slesvig e Holstein, unidos baixo o reinado de Cristián I de Dinamarca. Todos os reis de Dinamarca foron duques de Slesvig-Holstein ata a morte de Federico VII (1863) sen parentes próximos agnados. Os esforzos dos reis de Dinamarca por incorporar efectivamente os ducados...
-
DUCADOS
Título, correspondente á unión dos ducados de Slesvig e de Holstein, que levaron todos os reis de Dinamarca desde Cristián I (1460) ata Federico VII (1863). Da casa ducal de Slesvig-Holstein saíron diferentes liñas ducais. O duque Adolfo I de Holstein-Gottorp (?-1586). O duque Federico III de Holstein-Gottorp (?-1659) declarouse independente de Dinamarca. Del descenden Adolfo Federico de Holstein-Gottorp (quen en 1571 se converteu no Rei Adolfo Federico II de Suecia e orixinou a dinastía dos Wasa-Holstein-Gottorp, que reinou ata 1814), Federico Augusto de Holstein-Gottorp (?-1785), que formou a rama dos grandes duques soberanos de Oldenburg e o duque Carlos Pedro Ulrico I de Holstein-Gottorp (?-1762), que en 1762 se converteu no Tsar Pedro III de Rusia. A liña de Slesvig-Holstein-Sonderburg orixinouse en 1582 co duque Xoán I de Slesvig-Holstein-Sonderburg o Novo (?-1622), irmán do Rei Federico II e o duque Alexandre I de Slesvig-Holstein-Sonderburg (?-1627). Dividiu os...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático, primeiro conde (1812), primeiro marqués (1823) e primeiro duque de Palmela (1850), e primeiro duque de Faial (1833). Liderou os cartistas e representou a Portugal no Congreso de Viena. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros en diversas ocasións e primeiro ministro de Portugal (1834-1835, 1842 e 1846).
VER O DETALLE DO TERMO