"Howard" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 27.
-
PERSOEIRO
Matemático e enxeñeiro norteamericano. Especialista no cálculo automático e o procesamento de datos. No 1944 inventou e construíu a calculadora dixital máis grande do mundo, programable e precursora das computadoras actuais, que posteriormente perfeccionaría (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Técnico en radiofonía. Perfeccionou o circuíto dos receptores superheterodinos (1914), estudiou as modulacións de frecuencia das ondas de radio (1918) e ademais pode ser considerado o inventor do actual sistema de modulación de frecuencia FM (frecuencia modulada).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo norteamericano. Contribuíu ao estudo do pensamento social coa obra Social thought from lore to science (Pensamento social de saber popular a ciencia, 1938), escrita xunto con Harry Elmer Barnes, e á teoría sociolóxica, eido no que destacan os traballos: Systematic sociology (Socioloxía sistemática, 1932) ou Modern sociological theory in continuity and change (Moderna teoría sociolóxica sobre a continuidade e cambio, 1957). Estudiou as diferencias entre dous tipos ideais de sociedade, a sagrada e a profana, que adaptou a partir da obra de Ferdinand Tönnies e da polaridade que estableceu entre comunidade e asociación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de montaxe e realizador cinematográfico norteamericano. Filmou máis de cen películas, oito delas rodadas en 1943. Traballou cos actores William Boyd e Buck Jones. Entre as súas numerosas producións destacan: While London sleeps (Mentres Londres dorme, 1926), Heart of the West (Corazón do oeste, 1936), Riders of the Rio Grande (Os xinetes de Río Grande, 1943), The Story of Life (A historia da vida, 1948) e Night Raiders (Os invasores da noite, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, pianista e cantante norteamericano. Coñecido como Hoagy Carmichael, colaborou con diversos músicos de jazz para os que compuxo cancións como Riverboat Shuffle (Barcaza de arrastre), Stardust (Encanto) ou Georgia on my Mind (Georgia na miña memoria).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Exiptólogo británico. Desde 1891 escavou en diversos lugares de Exipto, sobre todo no Val dos Reis. En 1922 fíxose famoso por mor da descuberta da tumba de Tutankamon, que atopou cando traballaba en colaboración con George Herbert, quinto conde de Carnarvon. Publicou The Tomb of Tutankhamen (A tumba de Tutankamon, 1923-1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";( 1540-1542 "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";) . Foi a quinta esposa de Enrique VIII e o seu casamento, celebrado en 1540, decidiuse co fin de anular a influencia de Thomas Cromwell, protector de Ana de Clèves. Acusada de adulterio, foi encarcerada na Torre de Londres e, posteriormente, decapitada. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista inglés. Vinculado ao partido laborista, fundou o Guild Socialism, foi presidente da Sociedade Fabiana (1952) e profesor en Oxford (1944-1957). Da súa produción destaca A History of Socialist Thought (Historia do pensamento socialista, 1953-1960), enciclopedia histórica do movemento socialista internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Elaborou, xunto con Charles Cobb, a función de produción de Cobb-Douglas (1934). Foi concelleiro en Chicago (1939-1942) e no 1949 senador polo Democratic Party. Líder do grupo demócrata liberal ata 1967, defendeu unha lexislación sobre a seguridade social. Entre as súas obras destacan Real Wages in the United States, 1890-1926 (Soldos reais nos EE UU, 1890-1926,1930) e The Theory of Wages (A teoría dos soldos, 1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Entre 1943 e 1945 foi correspondente de guerra en Europa e afiliouse ao partido comunista americano. De temática social, da súa obra destaca The Last Frontier (1941), Spartacus (1952), levada ao cine por S. Kubrick en 1960, Citizen Tom Payne (1943) e The Immigrants (1977). En 1953 recibiu o Premio Stalin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e biólogo. Traballou en 1929 en España con Santiago Ramón y Cajal. Profesor e investigador no campo da bacterioloxía, foi o xefe do equipo que realizou as experiencias sobre a penicilina; illou, purificou e obtivo en grandes cantidades a penicilina, descuberta por A. Fleming, e efectuou con ela as primeiras experiencias en animais e os primeiros ensaios clínicos. Foi membro e tamén presidente (1960) da Royal Society de Londres. En 1945 recibiu, conxuntamente con A. Fleming e E. B. Chain, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía pola súa decisiva colaboración no estudo e aplicación da penicilina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociolingüista galés. Interesado polos estudios da relación entre lingua e psicoloxía social, organizou, con W. P. Robinson, as primeiras Conferencias Internacionais sobre Lingua e Psicoloxía Social (Bristol, 1979). Desta primeira iniciativa xurdiu a Association for Language and Social Psychology (1997), da que Giles foi presidente (2000). Tamén examinou as diferentes actitudes lingüísticas e formulou a “teoría da acomodación” (CAT). Publicou Speech Style and Social Evaluation (1975), Handbook of Language and Social Psychology (1990) e Language: Contexts and Consequences (1991). Membro da British Psychological Society, da American Psychological Society e da International Communication Association.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Realizou filmes de todos os xéneros, sobre todo de aventuras, como Only Angels have Wings (1939), Hatari (1961); e comedias, como Gentlemen Prefer Blondes (1953) ou Man’s Favourite Sport (1963). Dirixiu outras películas, entre as que destacan Scarface (1932), Sergeant York (1941), Río Bravo (1959) e El Dorado (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político conservador, conde de Carnarvon. Como secretario de Estado das colonias (1866-1867) promoveu a lei da que derivou a creación do Dominion of Canada (1867). Posteriormente tentou crear no S de África un estado federal baixo control inglés.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre inglesa orixinaria de Norfolk. Nomeados duques de Norfolk no s XV, a familia dividiuse en numerosas ramas nas que destacaron a dos condes de Arundel, de Carlisle, de Effingham, de Northampton e de Suffolk.
-
PERSOEIRO
Actor teatral e cinematográfico. Da súa filmografía destacan os filmes The Scarlet Pimpernel (1935), The Petrified Forest (1936), Pygmalion (1938) ou Gone with the Wind (1939). Tamén realizou algunhas películas, entre as que cómpre mencionar The First of the Few (1942) ou The Gentle Sex (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral inglés. Conseguiu unha notable popularidade con Brief Encounter (1945). Traballou en gran número de producións, entre as que cómpre destacar The Way Ahead (1944), The Third Man (1949), Around the World in 80 Days (1956), The Roots of Heaven (1957), Mutiny on the Bounty (1961), The Charge of the Light Brigade (1968), Ludwig (1972) ou Les années lumière (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e guionista cinematográfico. Foi unha das principais víctimas do maccarthismo pola súa filiación marxista. Da súa produción destacan os guións das películas Heart of Spain (1937), Blockade (1938) e Counter-Attack (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Está considerado un dos clásicos da literatura de terror e un dos principais precursores do xénero de ciencia fición. Nas súas obras construíu un mundo imaxinario e distorsionado. Algunhas das súas narracións apareceron na revista Weird Tales, pero gran parte da súa produción, da que destacan At the Mountains of Madness (1931), The Dunwich Horror (1945) e The Case of Charles Dexter Ward (1952), é de publicación póstuma. Segundo algúns estudios, na obra de Méndez Ferrín e doutros autores galegos, sobre todo na presentación do clima de misterio e horror que rodea o relato, poden advertirse influencias do narrador estadounidense.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo. Nas súas obras predomina o eclecticismo e a busca de efectos instrumentais. Destacan os seus estudos musicolóxicos François Couperin (1950) e Music and Society (1946).
VER O DETALLE DO TERMO