Douglas, Paul Howard
Douglas, Paul Howard
Economista e político. Elaborou, xunto con Charles Cobb, a función de produción de Cobb-Douglas (1934). Foi concelleiro en Chicago (1939-1942) e no 1949 senador polo Democratic Party. Líder do grupo demócrata liberal ata 1967, defendeu unha lexislación sobre a seguridade social. Entre as súas obras destacan Real Wages in the United States, 1890-1926 (Soldos reais nos EE UU, 1890-1926,1930) e The Theory of Wages (A teoría dos soldos, 1934).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Salem, Massachussets -
Deceso
Lugar : Washington