"Huesca" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Aragón (46.243 h [2001]). A súa principal función é a administrativa, base da economía local. Poboado ibero co nome de Bolsca, converteuse en Osca en época romana. Conquistada polos musulmáns no s VIII, foi recuperada por Pedro I de Aragón en 1096, aínda que continuou a ser un importante núcleo urbano no que estaban representados musulmáns, cristiáns e xudeus. No s XVI iniciou a súa decadencia, pero a súa importancia estratéxica fíxoa centro de importantes accións militares durante a Guerra Civil. Do seu patrimonio cultural destacan o mosteiro de San Pedro el Viejo (ss XI-XIII), declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en 1985; a igrexa catedral da Transfiguración del Señor (ss XIII-XVI), declarada BIC en 1931; as igrexas de Nuestra Señora de Salas, San Miguel e San Lorenzo (s XVIII); o edificio da antiga universidade (s XII); o antigo colexio de Santiago (ss XVI-XVII); e o edificio modernista Casino del Palacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Aragón (15.636 km2; 206.502 h [2001]). Integrada por 202 municipios, a súa capital é Huesca. Limita ao L coa provincia de Lleida (Catalunya), ao O con Nafarroa, ao S con Zaragoza e ao N cos Pireneos que marcan a fronteira con Francia. A maior parte do seu territorio sitúase por riba dos 400 m de altitude; tan só a zona máis meridional, ocupada pola depresión do Ebro, queda por baixo. A rede hidrográfica artéllase ao redor dos afluentes do Ebro (Aragón, Gállego, Cinca e Noguera Ribagorzana, entre outros). Á parte do Parque Nacional de Ordesa, nos Pireneos, existen outros moitos lugares de interese natural, como os Mallos de Riglos, Los Monegros, ou o Canal de Berdún. A densidade de poboación é baixa, debido ao carácter montañoso do territorio. O poboamento baséase en pequenas cidades, incluso a capital, que aglutina case que a cuarta parte da poboación, ten un tamaño modesto. Barbastro (15.053 h), Monzón (14.920 h), Fraga (12.100 h) e Jaca (11.398 h) constitúen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na serra de La Sagra (7.910 h [2001]). A súa economía baséase na explotación dos recursos agropecuarios propios do ámbito mediterráneo (cultivo de cereais, vide e oliveiras, cría de gando ovino e caprino e cunicultura) e na súa transformación.

    VER O DETALLE DO TERMO