"Hugo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 42.

  • PERSOEIRO

    Compositor sueco. Músico afín ao descritivismo paisaxístico da escola romántica escandinava (Grieg, Sibelius), compuxo cinco sinfonías e música de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político boliviano. Ministro de Educación e Cultura (1964-1966) no goberno de René Barrientos e director do Colexio Militar (1969-1971). En 1971 derrocou, nun golpe de estado, a Juan José Torres e accedeu á presidencia da República (1971-1978). Gobernou ditatorialmente co apoio do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR), da Falange Socialista e dos EE UU, Brasil e Chile. En 1978 foi derrocado por un golpe militar. Fundou o seu propio partido en 1979, e nas eleccións de 1985 e 1989 obtivo a maioría relativa pero non acadou a presidencia. Participou en coalicións de goberno co MNR de Víctor Paz Estenssoro (1985-1988) e co Movimiento de la Izquierda Revolucionaria (MIR) de Jaime Paz Zamora. Nas eleccións de 1997 foi elixido Presidente da República.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pretendente carlista ao trono español. Primeiro fillo de Xavier de Borbón-Parma. Estableceuse en España en 1957 ata que foi expulsado, en 1968. Recibiu en 1975 a sucesión dinástica do seu pai e en 1977 converteuse en xefe da casa ducal de Parma. Regresou legalmente a España e intentou renovar o Partido Carlista, pero os repetidos fracasos electorais fixérono abandonar a política en 1980. En 1981 separouse da princesa Irene dos Países Baixos con quen casara en 1964. É autor do libro La vía carlista al socialismo autogestionario (1977). O seu irmán Sisto de Borbón-Parma (Pau 1940) pretendeu en 1976 a sucesión e enfrontouse con el nos feitos de Montejurra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [aimará: Chukiwanka Kunturi] (La Paz 1951) Pedagogo e político indíxena aimará. Licenciouse en Letras e Educación na Universidad de San Andrés de La Paz, onde traballou como profesor de lingüística e ciencias da educación de 1975 a 1992. En 1979 presidiu o congreso fundacional da Confederación Sindical Única de Trabajadores Campesinos de Bolivia (CSUTCG). Entre 1985 e 1989 foi deputado nacional do Movimiento Revolucionario Tupak Katari de Liberación e en 1993 foi elixido vicepresidente de Bolivia. Centrou o seu traballo fundamentalmente no recoñecemento social e xurídico das organizacións campesiñas e indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Como tenente coronel do exército, fundou o Movimiento Bolivariano Revolucionario (MBR-200) o 17 de decembro de 1982. Á fronte do corpo de paracaidistas, o 4 de febreiro de 1992, tentou tomar o poder en Venezuela, acción pola que o condenaron a dous anos de cárcere. Presentouse á presidencia de Venezuela polo Movimiento Quinta República (MVR) e gañou as eleccións do 6 de decembro de 1998. Desde o seu cargo, eliminou as institucións que rexeran o país dende 1958 e convocou un referendo o 25 de abril de 1999 para refacer unha nova lei fundamental. Escribiu, entre outras, a obra de teatro El genio y el centauro. Ten as condecoracións Estrella de Carabobo, Cruz de las Fuerzas Terrestres, Orden Militar Francisco de Miranda, Orden Militar Rafael Urdaneta e Orden Militar Libertador V Clase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo ecuatoriano. Alternou a súa actividade como profesor de debuxo coa pintura e a fotografía. A partir dos anos cincuenta do s XX participou en diversas exposicións pitóricas. Entre as súas principais mostras fotográficas destacan: Arte y paisaje del Ecuador, celebrada en Quito e Nova York en 1963, Solidaridad con Nicaragua, realizada no Museo de Arte Latinoamericano de Managua en 1985, e a súa participación na V Fotobienal de Vigo en 1992. Recibiu en 1983 o premio Casa de las Américas en La Habana e a Medalla de Ouro ao mérito artístico outorgado en 1984 polo municipio de Otavalo (Ecuador).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e pintor flamengo. Destaca por unha temática realista e unha linguaxe experimental. As súas obras principais son De Oostakkerse gedichten (Os poemas de Oostakker, 1955), Suiker (Azucre, 1958), De dans van de reiger (O baile da pega, 1962), De hondsdagen (A canícula, 1952), Tand om tand (Dente por dente, 1970), Interieur (Interior, 1971) e Jessica (1977). No eido pitórico, cunha formación autodidacta, comezou a pintar a finais dos anos corenta e en 1950 achegouse ao grupo Cobra. A súa pintura evolucionou cara á abstracción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Foi profesor na Universidade de Múnic e na Escola Superior Técnica de Darmstadt, e distinguiuse polos seus traballos en filosofía da ciencia. A súa crítica ás bases da ciencia moderna influíu na fundamentación da lóxica e da matemática. Entre as súas obras destacan Grenzen und Ziele der Wissenschaft (Límites e fins da ciencia, 1910), Die Grundlagen der Physik (Fundamentos da física, 1919), Grundriss der methodischen Philosophie (Esbozo da filosofía metódica, 1949) e Das physikalische Weltbild (A imaxe física do mundo, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e aeronauta alemán. Estudiou nas universidades de Múnic, Berlín e Leipzig. Interesado na construción de aeronaves, entrou a formar parte da empresa do conde von Zeppelin. Durante a Primeira Guerra Mundial encargouse do adestramento de pilotos e dirixiu a construción de 88 zéppelins. En 1918, cando morreu von Zeppelin, asumiu a dirección da súa fábrica. En 1924 atravesou o Atlántico comandando o dirixible ZR-3. En 1929 deu a volta ao mundo co Graf Zeppelin, e en 1931 sobrevoou o Ártico nun voo de exploración polar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Iniciou os seus estudios fotográficos con Höffert (1892-1896) e adquiriu coñecementos de pintura na Kunstakademie de Dresden. Practicou un estilo fotográfico pitórico-impresionista. Especializado nos retratos de personaxes relacionadas coa cultura, a política e a sociedade alemá da época, abriu en 1906 un estudo propio no palacio de Lüttichau. Ata 1918 realizou impresións con goma e oleografías pigmentadas. Cofundador da Gesellscjaft Deustscher Lichtbildner (GDL), a sociedade fotográfica alemá en 1919, a partir de 1933 trasladouse a Colonia. Participou na mostra colectiva Photokina en Colonia e nunha exposición individual en Nova York. Recibiu a Medalla de Prata na Exposición Internacional de Fotografía Amateur en Erfurt (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Cursou estudios de belas artes na Escuela de Bellas Artes Artal. Nas súas obras, realizadas ao óleo, amosou os estilos realista e surrealista fantástico. Realizou exposicións en Vigo e Santiago de Compostela e, entre outras mostras colectivas, participou en Novos Valores de Pontevedra (1989) e na Feria das Artes Plásticas de Vigo (1995-1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo alemán. Foi director da escola normal para mestres en Leipzig (1900). A súa teoría pedagóxica fundaméntase esencialmente no principio da autoactividade do educando e foi un dos fundadores da escola activa. Escribiu, entre outras obras, Die Schule im Dienste der werdenden Persönlichkeit (A escola ao servizo da personalidade en desenvolvemento, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Cultivou unha pintura relixiosa, que tratou con moita sensibilidade. Foi autor do tríptico da Adoración dos pastores (1474-1475), realizado por encargo de Tommaso Portinari, o Descendemento e a Adoración dos Reis. Influíu sobre Ghirlandaio, Filippino Lippi e Boticelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Huig van Groot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Pertencente ao grupo dos pictorialistas, fundou o Camera Club de Viena, xunto con Kühn e Watzek, organizadores da primeira exposición pictorialista (1891). Participou, con R. Demachy, A. Stieglitz e C. Puyo, na exposición anual do grupo Linked Ring Brotherhood.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático. Vinculado aos círculos artísticos de Viena e defensor da dimensión estética da creación artística, na súa obra déixase sentir a influencia de Nietzsche ou Wagner, pero tamén a de Strauss, músico co que colaborou en proxectos como O cabaleiro da Rosa, Ariadna en Nasos ou A muller sen sombra, e destacou como un grande autor de libretos. Na súa produción atopamos traxedias clásicas como Electra (1901), Edipo e a esfinxe (1902) ou Edipo rei (1903) e adaptacións de clásicos universais como A Torre, inspirada no drama barroco e en Calderón de la Barca, coa que obtivo un éxito notable en 1925. Fascinado polas teorías de Freud, tamén escribiu textos cunha visión máis decadente e simbolista, en ocasións próxima a un misticismo romántico, das que destacan Der Tod des Tizian (A morte de Tiziano, 1892), Der Tor und der Tod (O tolo e a morte, 1893), Die Fran in Fenster (A muller na fiestra,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe xermánica ou celta. Tal vez se trate dun hipocorístico abreviado tirado dun composto que tiña como primeiro elemento *hughu- ‘intelixencia’, probablemente de Hugibald (Ubaldo). Entre os santos que levan este nome, cómpre salientar a Hugo de Cluny (1024-1109), celebrado o 29 de abril; Hugo de Grenoble (1053-1132), celebrado o 1 de abril; e Hugo de Lincoln (1140-1200) celebrado o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade de Cluny (1049). Tamén coñecido como santo Hugo o Grande, foi un dos principais reformadores medievais da vida monástica. Foi un dos fundadores da gran basílica de Cluny (1080) e, desde ela, promoveu e estendeu a reforma de Cluny e organizou a peregrinación a Compostela. Na iconografía viste roupas de abade, co báculo abacial, e represéntase falando cos dous papas que foran monxes baixo a súa autoridade, Gregorio VII e Urbán II, dos que foi conselleiro. A súa festividade celébrase o 29 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Grenoble (1080). Na iconografía represéntase como bispo ou co hábito branco dos cartuxos e leva como atributos un cisne e un estandarte con sete estrelas. A súa festividade celébrase o 1 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lincoln (1188). Mandou construír a catedral de Lincoln. Loitou contra a simonía e defendeu os dereitos da Igrexa fronte aos reis de Inglaterra. Na iconografía leva vestiduras de bispo ou de cartuxo e, como atributos, o cisne e tamén un cáliz co neno Xesús dentro. A súa festividade celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO