Banzer Suárez, Hugo

Banzer Suárez, Hugo

Militar e político boliviano. Ministro de Educación e Cultura (1964-1966) no goberno de René Barrientos e director do Colexio Militar (1969-1971). En 1971 derrocou, nun golpe de estado, a Juan José Torres e accedeu á presidencia da República (1971-1978). Gobernou ditatorialmente co apoio do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR), da Falange Socialista e dos EE UU, Brasil e Chile. En 1978 foi derrocado por un golpe militar. Fundou o seu propio partido en 1979, e nas eleccións de 1985 e 1989 obtivo a maioría relativa pero non acadou a presidencia. Participou en coalicións de goberno co MNR de Víctor Paz Estenssoro (1985-1988) e co Movimiento de la Izquierda Revolucionaria (MIR) de Jaime Paz Zamora. Nas eleccións de 1997 foi elixido Presidente da República.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santa Cruz de la Sierra

  • Falecemento

    Lugar : Santa Cruz de la Sierra, Bolivia