Borbón-Parma, Carlos Hugo de
Borbón-Parma, Carlos Hugo de
Pretendente carlista ao trono español. Primeiro fillo de Xavier de Borbón-Parma. Estableceuse en España en 1957 ata que foi expulsado, en 1968. Recibiu en 1975 a sucesión dinástica do seu pai e en 1977 converteuse en xefe da casa ducal de Parma. Regresou legalmente a España e intentou renovar o Partido Carlista, pero os repetidos fracasos electorais fixérono abandonar a política en 1980. En 1981 separouse da princesa Irene dos Países Baixos con quen casara en 1964. É autor do libro La vía carlista al socialismo autogestionario (1977). O seu irmán Sisto de Borbón-Parma (Pau 1940) pretendeu en 1976 a sucesión e enfrontouse con el nos feitos de Montejurra.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París