"IATA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 23.

  • PERSOEIRO

    Sacerdote israelita. Escapou da matanza executada por Saúl contra os sacerdotes de Nob e buscou refuxio en David, quen o nomeou sumo sacerdote. Foi destituído e deportado por Salomón a Anatot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cravo en forma de ángulo recto que se coloca nas paredes para pendurar elementos como cadros, papeis ou outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Villafranca. Político siciliano. Opúxose no parlamento a Fernando IV de Nápoles. Despois dun exilio (1811-1812) na illa Pantelleria, participou na revolta liberal do 1812 e foi nomeado Presidente da Cámara dos Pares (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte volcánico dos Apeninos, na rexión da Toscana, Italia. 1.734 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pulga’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos gádidos ao que pertence a anguía barbuda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Igrexa non episcopal que ten cabido de cóengos e na que se celebran os oficios como nas catedrais. O superior do cabido chámase prior, deán ou abade. Desde o s XVII experimentaron un proceso de decadencia e xeralmente esta institución só quedou en igrexas que foran catedrais. O concordato de 1851 limitou as colexiatas recoñecidas e tomaron o nome de parroquias maiores. Tamén se denomina igrexa colexial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa María do Campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das rubiáceas, de follas de catro en catro formando verticilos, con inflorescencias encima formadas por flores -as centrais hermafroditas e as laterais masculinas-. Estas flores presentan a corola con tres ou catro lóbulos máis longos ca o tubo da flor, que dan lugar a froitos secos. En Galicia están presentes as especies: C. glabra, de talos sen pelos, propia de ambientes secos das montañas; e C. laevipes, de talos cubertos por unha pilosidade densa e propia de ambientes húmidos e umbrosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación internacional de compañías aéreas de liñas regulares creada en 1945, en Montréal, para regular os prezos e as normas do transporte aéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sabre ou coitelo co mango decorado que se empregaba entre os árabes e no Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada no lavado da la, formada por unha barca de ferro que contén o baño de sosa e de xabrón, un tear que introduce a la na rama e uns restrelos que se moven alternativamente co fin de avanzar. Ao final, outro dispositivo de restrelos extrae a la do baño e faina pasar por un escorredoiro. Xeralmente instálanse varios en serie, formando un tren de leviatáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monstro mariño, descrito na Biblia, no Libro de Xob, que simboliza o caos das augas hostís á vida. Ten o corpo recuberto de escamas, dentes afiados, forma e cor de réptil e pode expulsar un ácido vaporizado pola boca que provoca graves queimaduras nas súas víctimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor que se inicia na parte lumbar e que se irradia polo territorio dun ou de todos os nervios ciáticos. Está provocado xeralmente por afeccións da rexión lumbar que lesionan os nervios raquídeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1947 pertencente á colexiata de Iria Flavia (Padrón). Atópase na Casa dos Cóengos, situada fronte á igrexa. Naceu coa finalidade de servir para a compilación, organización e exposición de obxectos, esculturas e pinturas de carácter relixioso ou sacro, dos ss XV-XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1990 e situado na colexiata de Santa María do Campo, na Coruña. Dirixido polo abade da colexiata, atópase nun edificio proxectado por Manuel Gallego Jorreto. Pertence ao Consello Galego de Museos. Acolle unha colección de ourivaría, especialmente pezas de prata procedentes de toda España, así como imaxes e ornamentos sagrados dos últimos cinco séculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1975 e instalado na sancristía e no claustro da colexiata de Santa María a Real de Sar (Santiago de Compostela). Os seus fondos están formados por documentos, restos arquitectónicos, esculturas, ornamentos litúrxicos e pezas de ourivaría. Organízase en diversos espazos expositivos dedicados ás orixes do priorado, á vida parroquial entre os ss XVII e XIX e á Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. No claustro consérvanse sartegos e distintas pezas arquitectónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tipo de comedia romana que reelaboraba argumentos de comedias gregas da comedia nova adaptándoos ao ambiente romano. Os principais autores de palliatas foron Plauto e Terencio.

    VER O DETALLE DO TERMO