colexiata

colexiata

(

s f [RELIX]

Igrexa non episcopal que ten cabido de cóengos e na que se celebran os oficios como nas catedrais. O superior do cabido chámase prior, deán ou abade. Desde o s XVII experimentaron un proceso de decadencia e xeralmente esta institución só quedou en igrexas que foran catedrais. O concordato de 1851 limitou as colexiatas recoñecidas e tomaron o nome de parroquias maiores. Tamén se denomina igrexa colexial.