colexialidade
colexialidade
(
-
s
f
Calidade de colexial.
-
s
f
[RELIX]
Doutrina teolóxica segundo a que os bispos, sucesores dos apóstolos por consagración sacramental, se ordenan ao servizo de toda a Igrexa, sobre a que teñen, conxuntamente co papa, potestade plena e suprema. Nas Escrituras, os apóstolos reciben a denominación colexial de Os Doce, e adxudícaselles colexialmente unha tarefa que cumprir. O Concilio Vaticano II considerou que a sucesión episcopal parece máis colexial ca individual, e que se establece non por vía xurídica de concesión papal senón por vía sacramental e con dereito propio. Ten dobre raíz, na consagración episcopal e na comuñón. O seu contido ministerial é triple: ensinar, santificar e rexer. Este ministerio non pode exercerse sen a comuñón co papa.