Colexio, pazo do

Colexio, pazo do

Situado en Duancos (Castro de Rei), ten planta rectangular e dúas alturas, a inferior maciza e a superior con vans. A fachada principal está feita con perpiaños, mentres que no resto do edificio se empregou a cachotería. No corpo central da fachada sitúase unha solaina apoiada sobre tres arcos.