"ILE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • Forma sufixada que nun radical orgánico sinala a perda de dous hidróxenos, deixando dúas valencias libres, en dous átomos de carbono distintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico sintético, psicoactivo e de propiedades alucinóxenas. É unha droga perigosa pola súa alta adicción e polos seus efectos sobre o sistema nervioso central. Unha vez pasado o seu efecto, persisten certos trastornos psicolóxicos, como confusión, insomnio, perda de memoria, psicose e paranoia, que poden presentarse ata varias semanas despois do seu consumo. A MDMA destrúe as neuronas produtoras de serotonina e fisicamente provoca trastornos musculares, taquicardia ou visión borrosa. OBS: Tamén se denomina coloquialmente éxtase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro Técnico Agrícola e Doutor en Historia da Arte.
    A súa carreira políticacomeza en 1973 como Delegado de Acción Política e Participación do Movemento Nacional. No 1978 ingresou en Alianza Popular onde ocupou os cargos de Secretario e Presidente Provincial de Lugo ata 1982. Nas eleccións autonómicas de 1981 encabezou a candidatura pola circunscrición de Lugo onde acadou a acta de deputado na primeira lexislatura do Parlamento de Galicia.
    En 1987 abandonou Alianza Popular e ocupou a secretaría da Coalición Progresista e Independente de Lugo. Foi, sucesivamente, Delegado Provincial en Lugo das Consellerías de Cultura, de Educación e Cultura e de Cultura e Benestar Social. Ocupou o cargo de Director Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitario ata 1989, ano en que cesou para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Texas, nos EE UU, ao O de Dallas (106.650 h [1990]). É un núcleo agrícola, gandeiro e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión do Antilíbano, ao NO de Damasco, que ten por capital Abila. No ano 34 a C desmembrouse de Iturea. Ao inicio da era cristiá estaba gobernada por Lisanias. No 37 d C pasou ás mans do rei Agripa I Herodes. O Emperador romano Claudio deixoulla a Agripa II Herodes (53-100 d C). Finalmente incorporouse á provincia romana de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rede de telecomunicacións que une Nova York e Seattle e coa que comezou a probarse de xeito experimental a Internet 2. Tratábase dunha iniciativa posta en marcha nos EE UU para probar tecnoloxías máis avanzadas de transmisión de información ca as empregadas na Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mes de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo aromático tricíclico. Obtense deshidroxenando o acenafteno. Só ou mesturado con outros monómeros vinílicos, é susceptible de polimerización.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao acetileno.

      2. Relativo ou pertencente ao enlace tripla entre dous átomos de carbono ou aos compostos orgánicos que o conteñen. Cando o enlace tripla se atopa ao final dunha cadea (-C≣CH) 2 , os compostos acetilénicos son calificados como terminais.

      3. Hidrocarburo da serie acetilénica.

    1. Serie de hidrocarburos alifáticos insaturados, de fórmula xeral C n H 2n-2 , constituída polo acetileno e os seus homólogos superiores, que se caracteriza pola presenza dun enlace triple. Por extensión, conxunto dos compostos orgánicos na molécula dos que existen cando menos un enlace triple. A existencia dunha gran variedade de produtos que proveñen dos compostos acetilénicos explica a importancia industrial do acetileno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O máis sinxelo dos hidrocarburos non saturados de tripla enlace, extremo da serie chamada acetilénica. Gas moi inflamable que produce co aire mesturas moi estourantes. Tamén pode estourar cando se comprime. Foi descuberto por Davy en 1836 e cara ao 1860 Berthelot efectuou a síntese. Industrialmente obtense pola acción da auga sobre o carburo de calcio ou por pirólise (cracking) de hidrocarburos parafínicos liviáns como o metano. As propiedades químicas do acetileno son as xerais dos hidrocarburos da serie acetilénica. Outras reaccións específicas do acetileno son as vinitacións, etinilacións, carbonilacións e ciclizacións. A combustión dos acetilenos libera unha enerxía especialmente elevada que se emprega na soldadura e no corte dos metais. Emprégase como materia prima para a síntese orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non presenta cotiledóns claramente visibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos brasileiros de orixe africana ou aos seus descendentes e, sobre todo, ás formas culturais desenvolvidas por eles.

    2. Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos propios do Brasil. Cómpre salientar entre outros os seguintes sistemas: banto, batuque, candomblé e macumba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de baile de orixe popular e centroeuropea. Resultan ser danzas de estrutura e pasos simples, que bailan parellas entrelazadas sen normas formais excesivamente ríxidas. Segundo a danza de que se trate, as parellas bailan soas ou en compaña doutras. Xorden despois da Revolución Francesa, como oposición ás suites de danzas cortesás amplamente estendidas no Barroco, de estrutura e pasos máis requintados, requeridores de mestre de baile. No seu arrinque suscitaron forte oposición nas cortes europeas pola súa orixe popular (revolucionaria). A Igrexa, que, vendo na aperta da parella un relaxamento da moralidade, promoveu a volta ás danzas tradicionais; malia todo, os bailes do agarradiño impóñense ao longo do s XIX en toda Europa. En Galicia desprazan os autóctonos das festas e romarías. Nunha primeira etapa, as novas melodías execútanse con instrumentos tradicionais, aos que, polo común, son axeitadas. Progresivamente van introducíndose os novos instrumentos do momento (acordeón,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo ecuatoriano. Formou parte do grupo de Guayaquil, iniciador no seu país dunha narrativa na que a psicoloxía cedía ante a exposición dos problemas colectivos. Escribiu, entre outras obras, as novelas Don Goyo (1933), Madrid, reportaje novelado de una retaguardia heroica (1937), El secuestro del general (1973), Jaguar (1976) e as pezas teatrais Lázaro (1941) e Trilogía ecuatoriana (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e arqueólogo castelán, marqués de Cerralbo. No ano 1890 foi nomeado delegado do pretendente ao trono de España Carlos VII, dirixindo o Partido Carlista ata 1899. O sucesor de Carlos, Xaime, fíxoo Presidente da Xunta Central Carlista (1912-1918). Realizou escavacións arqueolóxicas, creando coas súas coleccións o Museo Cerralbo de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriota cubano. Líder dos cubanos que no ano 1868 proxectaron a revolta contra a dominación española. Vicepresidente da República (1869) e lugartenente das guerrillas, levou a cabo xestións no estranxeiro para obter financiación e apoio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mestre de primeiro ensino que participou no Congreso Nacional Pedagóxico de 1882 en representación dos mestres de Viveiro. Neste congreso fixo unha exposición sobre a organización do ensino primario e unha defensa dos mestres. Tamén foi director de La Reforma (periódico de instrución pública).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Aiantos Alcumado o Pequeno, fronte a Aiax Telamón, o Grande. Heroe da Guerra de Troia, fillo de Oileo, Rei da Lócrida. Violou o templo de Atenea e raptou a sacerdotisa Casandra, filla de Príamo, Rei de Troia, polo que foi castigado pola deusa Palas Atenea, que coa axuda do seu antagonista Posidón, divindade do mariño, fixo naufragar as naves de Aiax cando volvían da Guerra de Troia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín, coreógrafo e director de ballet norteamericano. Traballou con Lester Horton, e cando morreu este (1953) ocupou o cargo de director artístico da compañía. No ano 1959 fundou unha compañía propia, a Alvin Ailey Dance Theatre.

    VER O DETALLE DO TERMO