afrobrasileiro -ra

afrobrasileiro -ra
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos brasileiros de orixe africana ou aos seus descendentes e, sobre todo, ás formas culturais desenvolvidas por eles.

  2. cultos afrobrasileiros [ANTROPCULT/RELIX]

    Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos propios do Brasil. Cómpre salientar entre outros os seguintes sistemas: banto, batuque, candomblé e macumba.

Palabras veciñas

afroalpino -na | afroamericano -na | afroasiático -ca | afrobrasileiro -ra | afrocubano -na | afrodisia | Afrodisia