afrocubano -na
afrocubano -na
-
adx
Relativo ou pertencente aos cubanos de orixe africana, transportados como escravos a Cuba dende principios do s XVI ata finais do XIX.
-
cultos afrocubanos
[ANTROPCULT/RELIX]
Conxunto de sistemas relixiosos organizados por grupos cubanos de orixe africana. Os cultos afrocubanos coñécense baixo a denominación de santería.
-
música afrocubana
[MÚS]
Música popular propia de Cuba e dalgúns países do Caribe. A achega africana é moi forte en bailes como o bembé, a caringa ou a conga, nos instrumentos de percusión e no típico ritmo cubano, o cinquillo, que se segue tamén en Porto Rico, Haití e a República Dominicana. Moitas danzas cubanas de orixe hispánica, como o son, o bolero e outras, acusan unha forte influencia africana.