"INEM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 41.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria infantil caracterizada pola ausencia de betalipoproteínas e a presenza de acantocitos no soro sanguíneo. Outras anomalías que adoitan acompañala son: esteatorrea, retinite pigmentaria, retardo no crecemento, deficiencia mental e alteracións neuromusculares. Tamén se chama síndrome de Bassen-Kornzweig.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academy of Motion Picture, Arts And Sciences.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘ó home’, usada para calificar os argumentos que se dirixen contra a forma de razonamento do interlocutor partindo dos seus mesmos principios e coas súas mesmas razóns, non á materia disputada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falta ou extrema diminución de gammaglobulinas no sangue. Forma parte do numeroso grupo das síndromes de inmunodeficiencia conxénitas. O tratamento consiste na administración de gammaglobulina ou de inmunoglobulina G.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de albumina no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de bilirrubina no sangue circulante. Normalmente a bilirrubinemia total oscila entre 0,3 e 1,0 mg/100 ml. Cando a cantidade de bilirrubina sobrepasa os 2 mg/100 ml sobrevén a itericia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘pucha’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento impreso posiblemente cara ao ano 1489 ou 1490 do que se conserva un exemplar no arquivo da catedral de Ourense. Foi descuberto por F. J. Norton e Antonio Odriozola en 1960. Este exemplar conservado ten 280 follas en papel, ao que lle faltan 15 follas do principio e dúas do final; con elas desapareceu tamén o ano, lugar e nome do impresor encargado deste incunable. Ten unha tipografía con dous tamaños que tenden a unificarse. Cada folla está dividida en dúas columnas de trinta e cinco liñas, nunha caixa de impresión de 102x153 mm. O papel é groso e de boa fabricación, con filigrana de man e estrela. No seu contido atópase un calendario mes a mes, táboas cronolóxicas, un salterio con himnos, oficio de defuntos e horas da Virxe, un dominical, un santoral e, na parte final, un ritual e un misal, onde se encontran varios exorcismos, fórmulas para bautismo, extremaunción, defunción, prefacios, misa de defuntos, canon da misa e varias misas votivas. Á parte desta impresión, consérvase...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado na década dos oitenta por Fernández Cid dentro da Universidade de Santiago de Compostela, coa finalidade de formar profesionais de cine e televisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cine.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente cinematográfica xurdida nos anos sesenta en Brasil. Os seus antecedentes son a obra crítica de Alex Viany, próxima ao neorrealismo, e os filmes de Nelson Pereira dos Santos. Foi definido teoricamente polo manifesto A estética da fame, de Glaubert Rocha, como un cine do terceiro mundo, popular, revolucionario, que adopta actitudes radicais e anticoloniais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de creación de palabras relacionadas co ‘cine’ ou co ‘movemento’. Ex: cinemática, cinematografía. OBS: Pode presentar o alomorfo cinemat(o)-: cinemática, cinematógrafo, cinematoscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de rodaxe e proxección cinematográfica panorámica inventado en 1925 a partir do obxectivo anamórfico Hypergonar de Henry Chrétien. Deforma as imaxes lateralmente, ao comprimilas na rodaxe e ensanchalas na proxección. Foi comercializado en 1952 pola 20th Century Fox.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cinema-.
-
-
Lugar no que se gardan filmes para conservalos, exhibilos ou estudialos.
-
Conxunto ou colección de filmes.
-
-
-
Parte da mecánica que estudia os movementos sen ter en conta as causas que os orixinan (forzas, masas), senón que describe a súa xeometría. Segundo o obxecto de estudo fálase de cinemática do punto, do corpo ríxido, do sólido deformable, etc. Na cinemática clásica empréganse os conceptos de espacio e tempo absolutos, no sentido newtoniano, e os sistemas de coordenadas referenciais son inerciais ou galileanos; para pasar dun sistema inercial a outro emprégase o grupo de transformacións de Galileo. Na mecánica relativista emprégase un espazo ficticio tetradimensional, o espacio de Minkowski; para pasar dun sistema coordenado de referencia a outro cómpre utilizar o grupo de transformacións de Lorentz. Os estados posibles dun sistema cuántico represéntanse como vectores dun espazo de Hilbert. Denomínase tamén xeometría do movemento.
-
Estudio dos movementos dun ou máis barcos en relación co barco propio.
-
-
-
Relativo ou pertencente á cinemática.
-
Relativo ou pertencente ao movemento, especialmente cando non se ten en conta as causas que o orixinan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cinema-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistrar imaxes con ou sen son nunha cámara cinematográfica.
-
ENTRADA LARGA
Arte de representar sobre unha pantalla, e mediante a fotografía, imaxes en movemento.
A técnica cinematográficaO invento
VER O DETALLE DO TERMO
Os intentos de reprodución gráfica do movemento remóntanse ás sombras chinesas (4.000 anos a C) e á lanterna máxica (1640) do alemán Athanasius Kircher. O perfeccionamento da fotografía posibilitou o nacemento da cronofotografía que consiste nunha serie de fotografías sucesivas que permitiron rexistrar o movemento dos planetas, dos animais ou do home. Charles-Émile Reynaud, empregando un tambor con espellos, conseguiu proxectar, por reflexión sobre unha pantalla, unhas imaxes debuxadas por el mesmo; ao mesmo tempo, Thomas Alva Edison incorporou a película de celuloide que empregou para impresionar series cronofotográficas que se reproduciron nun cinetoscopio. En 1985, Louis Lumière patentou o cinematógrafo, que permite o movemento intermitente...