"INH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

  • Forma de endoarterite tóxica, posiblemente de orixe alimentaria, caracterizada pola necrose e a caída indolora dos dedos das mans e dos pés producida por unha contracción fibrosa progresiva e lenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Francisco Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Estudiou en Italia con Campo Galliani e posteriormente no Actors Studio de Nova York, cunha bolsa do Opera and Music Theatre Institute. Debutou operisticamente no 1990 en Palm Beach (EE UU) no papel de Clorinda de La Cenerentola. No 1993 gañou os concursos do Metropolitan Opera National Council Auditions, de Nova York e Voces de Ópera Plácido Domingo, de París. Actuou en Londres, Donostia, Bonn, Nápoles e Nova York, entre outros lugares. O seu personaxe máis emblemático é o de Violetta en La Traviata, de Verdi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Rote Armee Fraktion (Fracción do Exército Vermello) Organización terrorista da República Federal Alemana creada en 1968 e dirixida por Andreas Baader (1943-1977), Ulrike Meinhof (1934-1976) e Gudrun Enslin. A súa orixe sitúase na oposición da esquerda parlamentaria máis radical, pretendendo mostrar a natureza represiva da Alemaña Occidental. Recrutaron os seus efectivos entre estudiantes, intelectuais e profesionais liberais e contactaron con organizacións terroristas internacionais, entre as que salientaba a resistencia palestina. Os seus métodos de protesta e reivindicación eran acotío violentos: atentados contra instalacións da OTAN, asasinato do presidente da CDU de Berlín (1975), asasinato do presidente da patronal alemá (1977), etc. As mortes en prisión de Meinhof (1976), Baader (1977) e Ensslin (1977) fixeron que minguase a forza da organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Rote Armee Fraktion (Fracción do Exército Vermello) Organización terrorista da República Federal Alemana creada en 1968 e dirixida por Andreas Baader (1943-1977), Ulrike Meinhof (1934-1976) e Gudrun Enslin. A súa orixe sitúase na oposición da esquerda parlamentaria máis radical, pretendendo mostrar a natureza represiva da Alemaña Occidental. Recrutaron os seus efectivos entre estudiantes, intelectuais e profesionais liberais e contactaron con organizacións terroristas internacionais, entre as que salientaba a resistencia palestina. Os seus métodos de protesta e reivindicación eran acotío violentos: atentados contra instalacións da OTAN, asasinato do presidente da CDU de Berlín (1975), asasinato do presidente da patronal alemá (1977), etc. As mortes en prisión de Meinhof (1976), Baader (1977) e Ensslin (1977) fixeron que minguase a forza da organización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pseudónimo do escritor portugués Luis Antonio Verney.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico literario alemán. É autor de ensaios como Literatur für Zitgenossen (Literatura para contemporáneos, 1966), Aussichten des Romans (Perspectivas da novela, 1968) e Die Verdrängte Phantasie (A imaxinación reprimida, 1972). Escribiu, así mesmo, as novelas Der Löwengarten (O xardín dos leóns, 1961), Hausmusik: ein deutsches Familienalbum (Veladas musicais: un álbum alemán de familia, 1962) e Panzer-Lreuzer Potjomkim (O acoirazado Potemkin, 1967). As dúas últimas obras reflicten de forma crítica a actual sociedade alemá en relación co seu pasado fascista. Tamén escribiu teatro, dándose a coñecer con Jettchen Geberts Geschichte (A historia de Queta Gebert, 1978) e Wahlverwandtschaften (As afinidades electivas, 1981), obra baseada na novela homónima de Goethe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura de Binary Hexadecimal (Binario a hexadecimal). Método estándar para converter ficheiros informáticos non de texto (non-ASCII) en documentos de texto do tipo ASCII de 7 bits (en sistema Base64). O arquivo BinHex consta dun díxito hexadecimal (0-9, A-F) para cada catro bits de datos do arquivo orixinal. Emprégase fundamentalmente na plataforma Macintosh e, os ficheiros creados seguindo este método, almacénanse habitualmente coa extensión.hqx. O formato BinHex funciona ben entre ordenadores Macintosh, pero se se trata de enviar un documento a unha máquina doutra plataforma é recomendable utilizar o método Uuencode.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Denominado como Columbano, foi discípulo en París de Carolus Duran. Pertenceu ao Grupo do Leão, escola naturalista que reaccionaba contra a arte oficial. Na súa obra o empastamento domina sobre o debuxo. Abrangueu toda unha época da arte portuguesa. Dos seus retratos salientan os de Antero de Quental, Guerra Junqueiro e Eça de Queirós. Cultivou tamén a pintura de xénero e os grandes murais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador e caricaturista. Fundou numerosas publicacións e foi correspondente gráfico de The Illustrated London News nas guerras carlistas españolas. Foi autor tamén de caricaturas satíricas de factura policromada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida elaborada con rodiñas de limón e azucre machacados e mesturados con xeo e cachaça, típica do Brasil. Con base neste combinado creáronse novas variantes, nas que se engade vodka, ron ou outras augardentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concelho do distrito de Viana do Castelo, no norte de Portugal. Integrado por vinte parroquias, acolle unha poboación de 15.895 h (1995). A capital é a vila de Caminha. Situada na foz do Minho, as súas praias (Foz do Minho, Moledo, Vila Praia de Âncora, Forte do Cão) convertérono nun centro turístico de gran relevancia. Outros puntos de interese turístico son a serra de Arga, o miradoiro de Santo Antão, o Parque do Camarido, o miradoiro do Calvário ou o Cruzeiro da Independência em Lanhelas. As principais actividades económicas do concelho, ademais do turismo, son a agricultura, a pesca, o comercio e a industria, especialmente a construción civil. No que respecta á agricultura, aínda que o número de explotacións foi diminuíndo, a superficie agraria útil aumentou. O desenvolvemento de produtos de calidade foi a liña de fortalecemento do sector, con referencia especial para o viño de Marinhas, variedade típica da rexión. Tamén existen no concelho dous importantes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en 1473 polo rei de Portugal, Afonso V, a Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga), e ao que Enrique IV de Castela engadiu, nese mesmo ano, o vizcondado de Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Álvarez de Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escribán e navegante portugués. Membro da flota de Pedro Álvares Cabral, foi o autor da carta que anunciaba o descubrimento do Brasil (1500) e o primeiro en describir os indios e a natureza do novo territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de corda, orixinario de Portugal, característico de Brasil. Ten unha forma similar á guitarra e consta de catro cordas que se pulsan cos dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. Utilizou as súas colaboracións xornalísticas para expresar a súa postura republicana, polo que foi encarcerado. Obrigado a exiliarse, fuxiu a París, de onde regresou en 1893 despois de ser amnistiado. Defensor do republicanismo, en 1910, trala implantación da República, foi nomeado ministro; un ano despois, foi declarado primeiro presidente do goberno constitucional, cargo no que foi substituído no mesmo ano por Augusto de Vasconcelos. Foi redactor dos xornais O Primeiro de Janeiro, O Tempo e O Dia, e fundador da República Portuguesa. Escribiu Diário de João Chagas (1929) e Correspondência literária e política com João Chagas (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, militar e político. Foi ministro da Mariña e Ultramar, deputado e presidente da Junta do Crédito Público. Escribiu, entre outras obras, Poema da mocidade (1865), Tristezas à beira mar (1866), A mantilha de Beatriz (1878) e unha História de Portugal (1869-1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Kyŏngsang Meridional, República de Corea (120.207 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Oficial da mariña portugués. Foi gobernador xeral de Moçambique (1905-1906) e ministro da Marinha e do Ultramar (1909-1910). En 1919 tentou a restauración da monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO