Arteta Ibarrolaburu, Ainhoa
Arteta Ibarrolaburu, Ainhoa
Soprano. Estudiou en Italia con Campo Galliani e posteriormente no Actors Studio de Nova York, cunha bolsa do Opera and Music Theatre Institute. Debutou operisticamente no 1990 en Palm Beach (EE UU) no papel de Clorinda de La Cenerentola. No 1993 gañou os concursos do Metropolitan Opera National Council Auditions, de Nova York e Voces de Ópera Plácido Domingo, de París. Actuou en Londres, Donostia, Bonn, Nápoles e Nova York, entre outros lugares. O seu personaxe máis emblemático é o de Violetta en La Traviata, de Verdi.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Tolosa