BinHex

BinHex
[INFORM]

Abreviatura de Binary Hexadecimal (Binario a hexadecimal). Método estándar para converter ficheiros informáticos non de texto (non-ASCII) en documentos de texto do tipo ASCII de 7 bits (en sistema Base64). O arquivo BinHex consta dun díxito hexadecimal (0-9, A-F) para cada catro bits de datos do arquivo orixinal. Emprégase fundamentalmente na plataforma Macintosh e, os ficheiros creados seguindo este método, almacénanse habitualmente coa extensión.hqx. O formato BinHex funciona ben entre ordenadores Macintosh, pero se se trata de enviar un documento a unha máquina doutra plataforma é recomendable utilizar o método Uuencode.

Palabras veciñas

Bingham, George Caleb | bingo | Bingöl | BinHex | biní | biniou* | Binissalem