Bingham, George Caleb

Bingham, George Caleb

Pintor norteamericano. Permaneceu un tempo na Academia de Belas Artes de Pennsylvania, aínda que é de formación autodidacta. Foi catedrático de Arte da Universidade de Missouri (1877). Grande admirador dos pintores holandeses do s XVII, pintou escenas relacionadas coa vida do Mississipi e do Missouri, e tamén temas políticos. Defendeu a arte como imitación da beleza da natureza. Entre as súas obras destaca Traficante de peles descendendo o Missouri (1845).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Augusta County, Virginia

  • Deceso

    Lugar : Kansas City