bingo

bingo

(< ingl bingo)

  1. s m [XOGO]

    Xogo de azar, variante da lotería, de orixe americana no que se reparten cartóns con números entre os participantes, que deberán ir marcando os números marcados ata completar unha liña ou o cartón completo. Legalizado no 1977 no estado español, no ano 1979 foi aprobada unha nova regulamentación segundo a que se reserva a titularidade das salas de explotación a sociedades e asociacións sen ánimo de lucro.

    Ex: Regaláronme un xogo de mesa que simula un bingo.

  2. s m [XOGO]

    Local no que se xoga ao bingo.

    Ex: Os sábados pola noite sempre vai ao bingo.

  3. s m

    Premio acadado cando se completan todos os números dun cartón.

    Ex: Xa é o segundo bingo que cantas.