"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Academia ideada en 1764 entre a Real Xunta de Comercio e Moeda e o Intendente do Exército e Reino de Galicia, Xulián Robiou. En 1765 celebrouse o acto inaugural da institución, que habería representar o espírito da Ilustración. Robiou designou 24 membros entre maxistrados, militares e altos funcionarios da administración, terratenentes da nobreza comarcal da Coruña e varios académicos residentes nas outras seis capitais do antigo Reino de Galicia. Entre eles foi elixido o padre Sarmiento, que se negou a aceptar o título de Académico de Honor. Reuníronse durante dez anos para discutir asuntos relacionados coa decadencia da agricultura en Galicia e os seus posibles remedios, fomentar os cultivos máis convenientes e incorporar ao agro galego medios técnicos axeitados coa finalidade de obter mellores colleitas. Tamén redactaron memorias e publicaron informes que non haberían de contar co apoio dos poderes públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que acaricia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que acaricia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que amosa unha actitude cariñosa mediante achegamentos, acenos ou caricias.

    2. Que resulta agradable e delicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rozar suavemente dando aloumiños.

    2. Desexar que se cumpra algún proxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pontificia Accademia dei Virtuosi al Pantheon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pontificia Accademia delle Scienze.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (?   - Terra de Santiago, 876). Dende o ano 855 Bispo de Iria Flavia, logo de Compostela, xa que é durante o seu Bispado cando se traslada a Sé catedralicia iriense a Compostela (862); a partir deste momento, os titulares da diócese nomeáronse Bispos de Iria e da Cátedra de Santiago. Calumniado por Ordoño I, Rei de Asturias, Galicia e León, sufriu como castigo que o enfrontaran a un touro bravo. Non obstante , o animal, no canto de escornalo, deitóuselle mansamente aos pés.   Salienta o feito de este santo non ter parroquia nin romaría propia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo creado en 1938 pola agrupación Galicia pro Centro Galego de Buenos Aires, na que se inclúen novas e informacións diversas da propia sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as forzas expedicionarias do Exército Español con base no acuartelamento de Figueirido (Vilaboa). Destacadas dende 1994 no territorio da antiga Iugoslavia como cascos azuis para o desenvolvemento de misións de mantemento da paz, baixo o control das Nacións Unidas (UNPROFOR).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro escrito por Xosé Luís Calle e editado en 1993, contén a historia do coro pontevedrés Aires d’a Terra que dirixiu D. Perfecto Feijoo. Inclúe o arquivo das pezas populares e galegas, que D. Perfecto posuía, exceptuando as recollidas por D. Casto Sampedro ou aquelas recompiladas no cancioneiro de Inzenga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista fundada en 1984 en Santa Coloma de Gramanet (Barcelona) pola sociedade Airiños da Nosa Galicia, presidida por Manuel Dobarco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nada na cidade Ferrol no ano 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Santiago no ano 1860 dirixida por F. Moreno Astray. Cesou aos tres meses da súa publicación. Redactada por alumnos do Seminario de Santiago, colaboraron nela Xosé Pérez de Villamil, Manuel López Lorenzo, Camilo Pérez, Pedro Blanco, Luís Aguirre del Río, Xosé Castro Pita e Xosé Seijas Galarraga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Este nome ten a mesma orixe e significado que o xermánico Adelaida, do que procede a través do antigo nome francés Aalis. A forma francesa antiga Aalis /Aalais latinizouse en Alicia, Alesia e pasou a Inglaterra baixo a forma Alice. Tras un período de esquecemento nos dous países, volveu a pórse de moda grazas á obra de Lewis Carroll Alicia no país das marabillas (1865). Desde aquela é un dos nomes máis espallados no mundo anglosaxón. Esta forma cadra cun dos hipocorísticos ingleses de Elisabeth. A festividade de Alicia celébrase o 23 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración inglesa para nenos de Lewis Carroll, publicada en 1865. A protagonista, durmida contra unha árbore, adéntrase nun mundo de fantasía. A obra é considerada un dos precedentes do superrealismo e do absurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación cultural nada en 1858 editada por Manuel Soto Freire, continuación do Calendario de Galicia. En 1865 pasará a chamarse Almanaque de la juventud elegante y de buen tono para 1865. Colaboraron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé e Clara Corral, xunto con Xoán Cuveiro, López de la Vega, Moreno Astray, Manuel Murguía, Villamil e Castro e outros. Apareceron publicadas El Cadiceño e Las Literatas de Rosalía, Saudades de X. B. Amado e outras obras onde a muller é a protagonista literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no Ferrol en 1891 que contiña poemas en castelán e contos populares en galego recollidos por Lisardo R. Barreiro na sección “Doce Contos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación xurdida en Bos Aires no ano 1909, dirixida por Fortunato Cruces, quen introducía varios relatos narrativos. Reproducíase algún poema de Rosalía e un cadro de costumes dialogado de Laureano Guitián Rubinos titulado Unha noite na casa do tío Farruco do Penedo.

    VER O DETALLE DO TERMO