"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

    1. Personaxe lendario da cultura galega ao que se lle botan as culpas de todo. Segundo a tradición, era un personaxe libertino e burlador de mulleres, que os veciños do Grove aforcaron dunha figueira cansos dos seus excesos. Ante a pregunta do xuíz que investigaba o linchamento de quén matara o Meco, as xentes contestaron á vez: matámolo todos. Frei Martín Sarmiento recolle este suceso e dátao no s XVII. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    2. Boneco que se queima o mércores de cinza nalguns lugares de Galicia para pechar o Entroido. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    3. Máscara do entroido.

    4. Personaxe co que se ameza os cativos cando se portan mal. OBS: Nesta acepción adoita escribirse en maiúscula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trato excesivamente cariñoso ou condescendente que se lle dá ás persoas ou aos animais consentíndolles todo e non lles levando a contraria. OBS: Adoita empregarse en plural.

    2. Agarimo feito con moita tenrura.

    3. Desexo de cariño ou tenrura que ten alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada que se emprega na formación de palabras para indicar cada unha das partes iguais entre si en que está ou pode estar dividido un todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘nome’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘desde o fondo do corazón, dende o máis profundo do peito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome propio que se lle dá a un obxecto inanimado, sexa natural ou artificial. Os abiónimos clasifícanse en: astrónimos, astrotopónimos, cosmónimos e topónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Simón Abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi firme e pertinaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pan que non levedou.

    2. Durante a festa da Pascua, pan sen levedar que comen os xudeus para lembrar a súa saída de Exipto. Emprégao a Igrexa Católica na misa por mor da crenza de que Xesús se serviu del, na Derradeira Cea cos seus discípulos, para a institución da Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acedume ou sabor agre dunha substancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten acrimonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aquela palabra formada a partir de sílabas ou letras dun enunciado que o uso converteu nun substantivo. OBS: O termo resultante debe permitir unha lectura silabeada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se designa un aeródromo, aeroporto (Peinador, Alvedro, Lavacolla), campo aéreo (Rozas), heliporto e similares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dun avión civil ou de guerra (Concorde, Antonov), aeroplano, portaavións (Príncipe de Asturias), globo e similares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1416-1458). Fillo de Fernando, quen deixou trazada a política xeral dos reinos proseguida polos seus fillos, e Leonor de Alburquerque. Mostrou unha sensibilidade ao catalán moi axiña, aínda que no Parlamento de Barcelona (1416) fixera a proposición real en castelán, nas Cortes de Sant Cugat (1419) leu a proposición en catalán. En Sardeña afianzou o dominio catalán (1420) grazas a un acordo co vizconde Guillerme III de Narbona e na illa de Córsega puxo cerco a Bonifacio para facer efectivo o título de Rei de Córsega; así mesmo, entrou na cidade de Nápoles logo de vencer por terra a Luís de Anjou e por mar aos xenoveses. Afonso volveu a Catalunya e permaneceu nove anos nos seus reinos ibéricos. A súa política exterior estivo marcada pola oscilación de intereses entre a expansión mediterránea e a peninsular, con predominio definitivo da primeira. As guerras dos Trastámara de Aragón contra os de Castela, que custaron a vida do infante Enrique (1445), procuraron o dominio de Toledo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agarimar.

    2. Sentimento de amizade e tenrura que se manifesta cara a alguén.

    3. Elemento que gorece das malas condicións meteorolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que se considera derivado do latín aggremiare ‘coller no colo, amparar no colo (gremium)’. A súa festa celébrase o 8 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista galega editada en Bos Aires na década de 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda de gaitas fundada en Catabois (Ferrol) cara ao 1977 como Escola de Gaitas polo gaiteiro Manuel López Vergara. Dende o ano 1982 pasou a dirixila o gaiteiro Manuel García Pereira Lolete. Desta escola e banda saíron varias xeracións de gaiteiros e percusionistas de valía.

    VER O DETALLE DO TERMO