"Inclán" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Liñaxe que se estableceu no lugar de Currás, Caleiro (Vilanova de Arousa). As súas armas traen escudo partido e medio cortado: primeira partición, en campo de azul, cun castelo de pedra, de tres torres, e asomada a unha ventá, unha doncela cunha espada na man destra e un can ao natural en actitude de acometer, diante da porta; segunda partición, en campo de ouro, cun piñeiro de sinople, afroitado de ouro, terrazado de sinople, acompañado de tres flores de lis de goles, unha en xefe e unha en cadanseu flanco. Algúns levan, en campo de sinople, unha espada de prata, alta. Outros, en campo de prata, unha árbore de sinople, afroitada de ouro; bordo de azul, con tres flores de lis de ouro, unha no medio do xefe, e unha en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Colaborador da revista Dorna, publicou Historias da cidade do deserto (1988) e Paradise lost (1996), así como diversos relatos curtos en obras colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, pai de Ramón del Valle-Inclán. Secretario do Goberno Civil de Pontevedra, relacionouse con diversos intelectuais do Rexurdimento. Afín ás doutrinas de Montero Ríos, nos seus artigos amosouse como un hábil polemista. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, La Opinión Pública e El Progreso, e fundou La Voz de Arosa. Foi membro correspondente da Real Academia de Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo de Ramón María del Valle-Inclán. Durante a Guerra Civil foi enlace do estado maior de Líster e en 1939 foi evacuado a Francia e internado no campo de concentración de Saint-Cyprien. Pablo Neruda, embaixador de Chile en Francia, levouno a Chile onde iniciou a súa traxectoria artística, ata que en 1958 regresou a España. Realizou unha pintura figurativa intimista e cultivou a paisaxe e o bodegón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bibliófilo e escritor. Foi o fundador do primeiro xornal de Galicia, El Catón Compostelano (1880), e promotor-fundador da primeira Biblioteca Pública da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu Instrución para el establecimiento de la Biblioteca Pública de la Universidad de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor, irmán de Ramón Mª del Valle-Inclán. Licenciado en Dereito, foi avogado do Estado en Pontevedra (1892) e notario. Colaborou, xunto co seu irmán, na redacción de La Voz de Arosa e noutros xornais de Pontevedra e Santiago de Compostela. Adscrito ao movemento rexionalista, publicou Escenas gallegas (1894), chea de trazos costumistas e realistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Tras a morte do seu pai (1890), decidiu marchar a Madrid, onde entrou en contacto cos círculos literarios. Posteriormente viaxou a México (1892) e Cuba, colaborou en diversas publicacións periódicas e escribiu unha serie de narracións amorosas que publicou ao seu regreso a España (1893) co título de Femeninas (1895). Na súa obra, o propio autor recreouse a si mesmo como personaxe literaria, ofrecendo unha imaxe bohemia, extravagante e pintoresca. Tradicionalmente está adscrito á Xeración do 98, pero esta adscrición faise unicamente segundo criterios cronolóxicos, pois non responde a criterios estéticos nin ideolóxicos. A súa poesía pertence ao modernismo, aínda que o último libro conecta xa co esperpento. As tres recompilacións Aromas de leyenda (1907), El pasajero (1920) e La pipa de Kif (1919) foron reunidas no volume Claves líricas (1930). Por outra banda, a obra narrativa oriéntase tamén desde a estética modernista cara á técnica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral constituída en Ourense en 1967, a partir do Teatro Juvenil de Ourense (1962), baixo a dirección de Segundo Alvarado. Representaron Antígona (1967), Edipo abandonado (1969) e Don Hamlet (1970), entremeses cervantinos e pezas curtas. En 1970 unha parte dos actores constituíron Histrión-70.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución constituída en Santiago de Compostela en 1997. Ten como obxectivos principais a difusión e o estudo da vida e da obra de Ramón Mª del Valle-Inclán. Promovida (1989-1997) por Alexandre Allegue Otero, foi declarada de interese cultural (1997) e galego (1999). Organizan anualmente un congreso internacional, así como xornadas para dar a coñecer a figura do literato. Edita a revista Bradomín e convoca os Premios Literarios Xuvenís.

    VER O DETALLE DO TERMO