"Indus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 58.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de traballadores do mar fundada en Vigo o 13 de agosto de 1932, contaba cun local en Bouzas. Máis coñecida como Agrupación Autónoma, as súas orixes están na Sociedad de Patrones y Maquinistas de la Ría de Vigo. Definiuse como unha organización obreira de carácter autónomo, á marxe de toda tendencia política, pero o xeito en que participou nos momentos iniciais do conflito pesqueiro que sumiu no paro portuario á cidade en 1932, fixo que a CNT local a acusase de organización católica. Así mesmo, mantiña unhas estreitas relacións coa Patronal, produto da necesidade que esta tiña de contar cun sindicato afín ás novas bases resultantes do conflito, que implicaban a liberdade de contratación entre as distintas organizaciós sindicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consorcio de fabricantes aeronáuticos europeos fundado por Francia e a República Federal de Alemaña en 1969, dedicado á construción dos diversos modelos de avión comercial de gran capacidade Airbus, inaugurando con el unha nova época do transporte aeronáutico, baseada en aparellos cun grande espazo útil para a pasaxe e un motor especial que permite o aforro de carburante e a ruptura coa hexemonía das compañías norteamericanas no campo da aviación civil. Este consorcio foi escriturado como grupo de interese económico en decembro de 1970 baixo o nome de Airbus Industrie. Formaban o núcleo inicial a Société Nationale de l’Industrie Aérospatiale (SNIAS, máis tarde Sud Aviation), en representación de Francia, e a sociedade Deutsches Airbus, en representación de Alemaña. Posteriormente o Goberno español incorporouse ao consorcio a través de Construciones Aeronáuticas SA (CASA) e, máis tarde, uníronse a compañía holandesa VFW-Fokker (como socio non integrado no consorcio), a...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundada o 23 de marzo de 1898 en Santiago de Compostela, foi a primeira organización patronal desta cidade e unha das primeiras de Galicia. O seu obxectivo básico era a defensa mutua e protección recíproca dos seus asociados, cando a súa autoridade ou os seus intereses de clase estivesen ameazados polo obreiro, especialmente na folga ou no paro. Non se admitía ningún aprendiz (menor de 16 anos) que estivese afiliado a calquera das sociedades de resistencia da cidade e, sobre todo, aqueles que xa pertenceran ás organizacións obreiras, procurando os seus xefes que abandonasen esta afiliación. Por outra banda, os afiliados a esta patronal, comprometíanse a non dar traballo a aquel obreiro que non viñese provisto dun documento, expedido polo seu anterior patrón, no que se informaba de que abandonaba o traballo voluntariamente sen ter secundado protestas obreiras ou ter cometido faltas graves na empresa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade oficial de crédito a medio e longo prazo constituído no ano 1920 en Madrid. O seu obxectivo é o de conceder préstamos para novas industrias ou para a ampliación das existentes. Operou ata que foi absorbido polo estado (1962), mediante contribucións do tesouro e pola emisión de cédulas. Dende entón depende do Instituto de Crédito Oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de actividades industriais que basean o seu funcionamento nos procedementos propios da Biotecnoloxía.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Vigo a mediados do s XX, editada pola Cámara oficial de Comercio, Industria y Navegación que presidía José Nogueira Dalmas. Nel (nº 105-1972) ofrécense informacións de carácter económico, comercial e xurídico, amais de novidades arredor do funcionamento da propia Cámara. Inclúe as seccións: “El caso y sus normas”, “Actividades de la Cámara”, “Información Económi ca”, “Información Jurídica” e “Información Comercial”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PUBLICACIÓNS
Publicación trimestral que apareceu en Ourense en agosto de 1956. O seu director foi Salvador Navarrete de la Riva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Ferrol en xullo de 1905. Ofrecía información sobre as actividades industriais e económicas da cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu en Ribadeo en 1913. Tiña periodicidade mensual e unha tirada de 400 exemplares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Ferrol no ano 1987. Foi subtitulada como “Revista de Información Empresarial”. O título e subtítulo son “Industria, Comercio y Navegación”; en case todos os números, na páxina 3, debaixo de cada editorial, aparecía o título “Boletín de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Ferrol. Publicación bimestral”. Como director figuraba Xosé Manuel Orriols Núñez e como redactores e colaboradores Begoña Villamil Castro, Eva Pena, Ana Quintela Fernández e Xosé M. Picallo Seoane, entre outros. Os contidos desta publicación estaban relacionados coa actividade empresarial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado na cidade de Pontevedra a partir do ano 1912.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter técnico aparecida na Coruña despois de 1975. De periodicidade bimensual, chegaba a todos os asociados da provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xurdiu na Coruña o 2 de decembro de 1847 e desapareceu en decembro de 1848. Foi impreso en holandesa por Domingo Puga. Tivo dous directores, por unha banda Xosé Puente Brañas e, pola outra, Xoán Pedro Vicenti. Colaboraron neste boletín Romero Ortiz, Antolín Faraldo e Cubeiro Piñol, entre outros. Tiña como obxectivo defender a escola librecambista e creouse canda o espertar económico europeo. Nas súas follas ofrecía información sobre os prezos dos mercados da provincia, portes, seguros, cambios, noticias do comercio, revistas teatrais, unha sección relixiosa, movementos do porto ou a bolsa de Madrid. Divulgaba a súa ideoloxía a través de artigos doutrinais. Ao despedirse dos lectores no derradeiro número manifestou certas dificultades materiais, aínda que non económicas, para a súa edición.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Lugo en 1913. Tiña periodicidade mensual e constaba de oito follas xunto a unha cuberta. Non tiña prezo nin pé de imprenta. Da súa administración e redacción encargábase a propia Cámara de Comercio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Saíu publicado en Vilagarcía de Arousa no ano 1930.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa inglesa fundada en Londres no 1902. No 1967 absorbeu a Yardley and Company Limited. Dispón de filiais e sucursais no Reino Unido, en Canadá, en Australia, en Chile, etc. Entre as súas marcas de tabaco están Benson and Hedges e Senior Service.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Vigo o 12 de marzo de 1891 co nome de Centro de Instrución Mercantil. En 1904 tomou a denominación de Círculo Mercantil e Industrial; en 1951, a de Círculo Recreativo Mercantil e Industrial e en 1965, a de Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo. O seu primeiro presidente foi José A. Priegue e, dende 1996, ocupa a presidencia Manuel Vila Ruibal. Naceu como unha asociación que reunía os comerciantes da época. Os seus fins son a promoción de actividades culturais, recreativas e deportivas para os seus socios, sen ánimo de lucro. Agás un período no que se situou no desaparecido Teatro Rosalía Castro, dende o seu nacemento tivo a sede na rúa do Príncipe, inaugurada polos reis Afonso XIII e Victoria Uxía o 28 de setembro de 1927. Nestas instalacións están as oficinas, o salón rexio, a cafetería, a sala de xogos e billar, o ximnasio e a biblioteca, a primeira que se informatizou en Galicia e que conta con 30.000 volumes, ademais de revistas, xornais e servicios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cultural fundada en Santiago de Compostela en 1894 baixo a presidencia de Acisclo Sainz Díez. Os seus fins son culturais e recreativos. A súa sede conta, entre outras instalacións, cunha biblioteca, un salón de xogos e unha sala de televisión. Está presidido por Pablo Nine Oubiño e pertence á Federación Gallega de Círculos y Casinos Culturales.