Agrupación de Trabajadores de la Industria Pesquera y Derivados
Organización de traballadores do mar fundada en Vigo o 13 de agosto de 1932, contaba cun local en Bouzas. Máis coñecida como Agrupación Autónoma, as súas orixes están na Sociedad de Patrones y Maquinistas de la Ría de Vigo. Definiuse como unha organización obreira de carácter autónomo, á marxe de toda tendencia política, pero o xeito en que participou nos momentos iniciais do conflito pesqueiro que sumiu no paro portuario á cidade en 1932, fixo que a CNT local a acusase de organización católica. Así mesmo, mantiña unhas estreitas relacións coa Patronal, produto da necesidade que esta tiña de contar cun sindicato afín ás novas bases resultantes do conflito, que implicaban a liberdade de contratación entre as distintas organizaciós sindicais.