"Iria Flavia" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista trimestral de pensamento e cultura aparecida en outono de 1994 en Iria Flavia (Padrón). Editada pola Fundación Camilo José Cela e dirixida polo propio escritor ata a súa morte, acontecida o 17 de xaneiro de 2002, dedícase á difusión da literatura e da cultura en xeral. Dividida nas seccións “El émbolo de Descartes”, “El rayo y la esperanza”, “La lumbre y el amor” e “Las cartas sobre la mesa”, entre outras, recolle textos, ensaios ou poemas de distintas procedencias e inéditos en castelán.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Padrón. Está edificada no soar que ocupou a vella catedral da diocese de Iria, sufragánea de Braga. Foi colexiata ata 1851. Coñécese tamén como Santa María de Adina. Construíuse un primeiro templo paleocristián, do que se conservan restos arqueolóxicos, que puido edificarse no s I. Sobre este edificio fíxose unha igrexa prerrománica, arrasada en tempos de Almanzor. O arcebispo Xelmírez mandou construír no s XII unha igrexa románica, terminada no s XIII en estilo oxival. Tiña tres naves separadas por columnas e tres ábsidas. Desta construción consérvase a portada gótica, onde se labrou no tímpano a Adoración dos Reis Magos. No s XVIII o arcebispo Monroy restaurou o edificio, que adoptou a planta rectangular con tres naves, cruceiro e presbiterio, todo cuberto con bóvedas de aresta. Deste século son as torres rematadas en pirámides de chanzos, realizadas por Pedro García de Cotobade de xeito semellante á torre do Tesouro da catedral compostelá. Segundo a tradición...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1947 pertencente á colexiata de Iria Flavia (Padrón). Atópase na Casa dos Cóengos, situada fronte á igrexa. Naceu coa finalidade de servir para a compilación, organización e exposición de obxectos, esculturas e pinturas de carácter relixioso ou sacro, dos ss XV-XVIII.