"Isabel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 59.
-
PERSOEIRO
Licenciada en Filoloxía Galega e Hispánica. Redactora da Enciclopedia Galega Universal e investigadora no eido da Literatura Medieval. Autora do artigo “Encrucillada sociolingüística do Paraguai”.
VER O DETALLE DO TERMO
Na actualidade é profesora e vicedirectora do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño. -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica francesa. Participou, entre outras, nas películas: L’histoire d’Adèle H (1975), Nosferatu (1978), Quartet (1981), Possession (1981), Camille Claudel (1988), Mexic Affair (1993) e La reine Margot (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa rusa que asinaba baixo o pseudónimo Bella Akhatovna Akhmadulina. A súa poesía é de ton intimista, garda certas relacións co acmeísmo, pero cre na relación entre o artista e o home da rúa. Da súa obra cómpre destacar Struna (Corda, 1962), o seu primeiro libro, Uroki muzyki (Leccións de música, 1969), Stikhi (Poesías, 1975) e Sni o Grusii (Soños de Xeorxia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora chilena. Sobriña de Salvador Allende, estudiou Xornalismo e colaborou en distintas publicacións como Mampato Magazine (1969-1974), Channel 7 (1970-1974) e Nacional (1976-1983). Exiliouse e estableceuse enVenezuela tralo golpe de estado de Augusto Pinochet (1973). As súas novelas caracterízanse pola elaboración dun realismo máxico que rodea e describe historias familiares baixo a sombra de Chile. Publicou, entre outras, La casa de los espíritus (1982), De amor y de sombra (1984), Eva Luna (1989). Cultivou tamén o relato (El plan infinito, 1990; Afrodita, cuentos y otros afrodisiacos, 1997) e publicou unhas memorias (Paula, 1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Participou en distintas montaxes do Centro Dramático Galego, entre as que cómpre salientar Yerma (1990) e Asi é, se vos parece (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Publicou xunto a María Velho da Costa e María Teresa Horta Novas cartas portuguesas (1974), onde denuncian a situación política de Portugal baixo a ditadura. É autora tamén de De noite as árvores são negras (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeira muller que acadou o título de adiantada; probablemente de orixe galega. En Perú casou co adiantado Álvaro de Mendaña (1586), quen morreu a consecuencia dunhas febres. Desta maneira Isabel de Barreto converteuse, por herdanza, en adiantada e almirante dos arquipélagos oceánicos. Nun principio non tivo grandes problemas para o goberno das illas, mais o axustizamento de Jauriqui, un cacique local, a mans dos colonos motivou a hostilidade dos nativos. A situación tornouse moi inestable e Isabel Barreto optou por levar áncoras cos seus subordinados cara a Manila (1596). Nesta cidade casou co tamén galego Fernando de Castro, fillo do gobernador das Filipinas, co que embarcou de volta ao Perú (1597).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infanta de España. Filla de Isabel II, foi princesa de Asturias ata o nacemento de Afonso XII e despois ata o nacemento da súa sobriña María das Mercedes. Era coñecida polo sobrenome da Chata.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora da mesma universidade. Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Publicou: Contribución ao estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986) e doutorouse coa tese Contribución ao estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1993). Ten participado en volumes colectivos como Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992), Guía bibliográfica da lingüística galega (1996), Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996) e Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998), entre outros moitos. Ademais participou na elaboración do Dicionario normativo galego-castelán (1988), Vocabulario comercial básico (1988), Dicionario escolar galego (1990), Léxico administrativo castelán-galego (1991) e do Dicionario dos nomes galegos (1992). Colaboradora nas revistas Verba e Cadernos da Lingua...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Condesa de Altamira. De familia nobre, escribiu poemas en galego e en castelán que se recolleron nun manuscrito da Biblioteca Nacional, hoxe perdido. Consérvase un soneto de loanza a La Araucana, de Alonso de Ercilla, datado posiblemente en 1578, que se incorporou á terceira parte do libro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Isabelle van Tuyll.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Quiroga. Orixinaria do s XVI, reconstruíuse no s XVIII. Da primitiva construción conserva a nave con cuberta de madeira a dúas vertentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Isabel de Farnese.
-
PERSOEIRO
Judoka. Campiona Olímpica en Sidney 2000 na categoría de menos de 57 kg, obtivo a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996. Nos campionatos mundiais gañou a medalla de ouro en París 1997 e a de prata en Birmingham 1999. Tamén se proclamou campioa de Europa en 1998 e subcampiona en 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritora. Subdirectora de comunicación da CRTVG. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa carreira profesional na cadea SER. Foi directora e presentadora de diversos programas da Radio Galega (De cabo a cabo, A toda radio, Escola de calor, Noticias ás dúas) e xefa de programas da Radio Galega (1994-2002). Presentadora do programa da TVG Sombras de crime, colabora con O Correo Galego. Escribiu os contos para nenos Glub contra Blef (1998) e Un susto para Glub (2000), e diversos relatos breves nas publicacións colectivas Narradoras e Narradio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filóloga. Catedrática de Filoloxía Italiana desde 1988, dirixiu o Dicionario italiano-galego (2000) e publicou, entre outras obras, Sufixos nominais no galego actual (1978), Profilo di Sibilla Aleramo. La donna e l’intellettuale nelle opere e nel giudizio dei contemporanei (1982), Antología de la Literatura Italiana (1986), El Apóstrofe en la Escuela Poética Siciliana. Parangón con la lírica gallego-portuguesa (1989), Viaggio da Napoli à S. Giacomo di Galizia fatto dal Sigr. Nicola Albani (1993), edición e versión en castelán dun manuscrito italiano do s XVIII, Vita Nuova. Nueva lectura (2000), Gramática italiana II (2002) e Escolma do italiano contemporáneo (2002). Ademais, traduciu do italiano ao galego (O Príncipe, de N. Machiavelli, 2002) e ao castelán (El Novelino, 1999); e do galego ao italiano (Cousas e Retrincos, de Castelao).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa e dramaturga irlandesa. Con Yeats, Synge e Moore, fundou en 1899 o Irish Literary Theatre, e despois o Abbey Theatre (1904). Publicou estudios folclóricos, obras dramáticas e Our Irish Theatre (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica francesa. Consagrouse co filme La dentellière (1976), de C. Goretta, ao que lle seguiu Violette Nozière (1977), de C. Chabrol. Outras películas en que participou son Les soeurs Brönte (1978), La femme de mon pote (1983), Une affaire de femmes (1988), ou L’inondation (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino procedente do nome hebraico Elixeba, muller de Arón e cuñada de Moisés, composto de El ‘Deus’ e xeba ‘xuramento ou sete’; polo tanto, o seu significado ben podería ser ‘Deus é xuramento’ ou ‘Deus é perfección’ (o 7 era o número perfecto). Ten a variante Sabela e os hipocorísticos Sabel e Beluca. Na época xudeo-helenística, por contaminación do verbo shabat ‘repousar’, ‘descansar’, interprétase o seu significado como ‘Deus é descanso’. O nome reaparece no Novo Testamento coa forma grega Elisábet e a latina Elísabet. A forma Isabel foi unha innovación propiamente hispánica, que trocou o -et final en -el e elidiu o el- inicial, talvez por certa confusión co artigo. Entre as santas que levaron este nome, destacan a nai de san Xoán Bautista e esposa do sacerdote Zacarías, celebrada o 5 de novembro; Isabel de Hungría (s XIII), celebrada o 17 de novembro; e...
-
PERSOEIRO
Soberana dos Países Baixos (Isabel I; 1598-1633), filla de Filipe II e de Isabel de Valois. Xunto co seu futuro marido, o arquiduque Alberto de Austria, foille concedida a soberanía dos Países Baixos, cunha independencia nominal; morto Alberto, a soberanía foille confirmada pola coroa ao final da Tregua dos Doce Anos (1621).
VER O DETALLE DO TERMO