Barreto, Isabel

Barreto, Isabel

Primeira muller que acadou o título de adiantada; probablemente de orixe galega. En Perú casou co adiantado Álvaro de Mendaña (1586), quen morreu a consecuencia dunhas febres. Desta maneira Isabel de Barreto converteuse, por herdanza, en adiantada e almirante dos arquipélagos oceánicos. Nun principio non tivo grandes problemas para o goberno das illas, mais o axustizamento de Jauriqui, un cacique local, a mans dos colonos motivou a hostilidade dos nativos. A situación tornouse moi inestable e Isabel Barreto optou por levar áncoras cos seus subordinados cara a Manila (1596). Nesta cidade casou co tamén galego Fernando de Castro, fillo do gobernador das Filipinas, co que embarcou de volta ao Perú (1597).