"Isacio" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

    1. Acción de improvisar.

      1. Cousa improvisada.

      2. Execución musical espontánea non codificada nin escrita. Na música polifónica medieval, improvisábase sobre un canto dado. A partir do s XVI foi a base da música instrumental que acompañaba e enriquecía o canto. Formas musicais baseadas na improvisación foron o preludio, o tiento, a intonatio, a fantasía e o ricercare. Nos ss XVII e XVIII foi limitada aos instrumentistas de teclado e ás cadencias de concertos e música vocal. A música de jazz está estreitamente vinculada á improvisación.

      3. Invención de diálogo no curso dunha interpretación. A improvisación constitúe unha das características principais da commedia dell’arte. Nas técnicas modernas empregouse a improvisación de diálogo e accións durante os ensaios como unha medida de integración do actor no proceso de creación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de irisar.

    2. iridescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que pode vir do nome grego isaios ‘igualdade’ ou do nome latino Isacius, forma antiga de Isaac. Houbo un santo Isacio, bispo e mártir, que se celebra o 21 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO